Onte "El Correo Gallego", na sección de economía e citando fontes do propio diputado no parlamento español polo PSOE, Xavier Carro, "antiguo" sindicalista da UGT en Navantia-Ferrol, e menos "antigo" opositor á planta de gas de REGANOSA [ver foto], publicaba unha noticia de muito interese para esta comarca: a Comisión de Industria e Turismo do Parlamento Español, apoia a ampliación da planta regasificadora que ten REGANOSA dentro da Ría de Ferrol, así como a construción do gasoducto coa meseta. Xavier Carro "antiguo" opositor á Planta de Gas, formula este acordo como algo moi positivo para Ferrol, sobre todo porque a proposta é del, que complementaba a outra feita con anterioridade polo PP, no debate sobre o documento preliminar de planificación dos sectores de electricidade e gas 2007-2016.
Imos ver se entendimos ben, mais parece que a noticia con matices diferentes tamén a publica hoxe o "Diario de Ferrol", polo que algo hai ao respecto de todo isto.
Non podemos creer que o diputado non vexa a evidencia:
- Para nós, a xente de Mugardos, Fene, Ferrol, ..., non só ratifican a localización da perigosa e ilegal REGANOSA dentro da Ría, SENÓN QUE CO DOBLE DE CAPACIDADE DE PRODUCIÓN, e en consecuencia, terían que entrar, a proposta do Sr. Carro, o doble de perigosos buques gaseiros cargados con GNL na nosa pequena e angosta Ría, candidata a ser considerada Patrimonio da Humanidade.
- Como case sempre na nosa Historia como país, para nós, máis inseguridade e perigo; máis impacto ambiental; máis destrución da nosa Ría; máis desmantelamento do sector marisqueiro; máis desemprego, e todo, para enviar moito máis gas, para a meseta e Madrid.
Transcribimos as noticias por consideralas de moito interese:
El Correo Gallego
Economía - Xoves 20.09.2007 P. H. - FERROL
Congreso dá o seu respaldo á ampliación de Reganosa en 2013
As previsións contemplan a construción dun gasoduto para enlazar co resto de España
Antes de que se inicie a actividade comercial da planta de gas, as administracións públicas xa apoian un futuro máis ambicioso para este proxecto. O Congreso dos Deputados acaba de apoiar a ampliación da regasificadora. E pide ao Goberno central que se manteña na planificación gasista do Ministerio de Industria, dentro da categoría A".
Esa ampliación da plataforma gasística, atendendo ás necesidades do mercado, chegaría en 2013. Así o recolle o documento preliminar de planificación dos sectores de electricidade e gas 2007-2016. Con esa expansión, a mugardesa Reganosa pasaría de 412.800 nm3/h (ou metros cúbicos de gas por hora) a 825.600 nm3/h. É dicir: duplicaríase a súa capacidade e produción.
Ese proxecto contempla a construción dun gasoduto que enlace Galicia coa rede española. Segundo a Comisión de Industria do Congreso, "o Goberno debe continuar coas accións necesarias para a construción dun novo gasoduto de alta capacidade que permita a conexión galega co resto de España". O primeiro tramo, Guitiriz-Lugo, xa podería estar listo en 2012. O resto do trazado conectaría posteriormente nas poboacións de Ponferrada, Zamora e Algete.
Segundo o deputado socialista Xavier Carro, "nos estudos da planificación gasista ata 2016 viuse a necesidade de contribuír á alimentación da zona centro peninsular desde a planta de Reganosa, situada na ría de Ferrol".
Enlace coa noticia orixinal en "El Correo Gallego"
Diario de Ferrol
Venres, 21 de Setembro de 2007
O Congreso apoia a ampliación da planta de gas e a construción do gaseoducto
A Comisión de Industria do Congreso dos Deputados aprobou onte unha proposta pola que se insta ao Goberno a que "continúe coas accións necesarias para a construción dun novo gaseoducto de alta capacidade que permita a conexión de Galicia co resto de España" e que "manteña a planta de gas da ría de Ferrol dentro da categoría A en a planificación gasista do Ministerio de Industria".
REDACCIÓN > FERROL
A planta de gas mugardesa duplicará a súa capacidade en oito anos.
A transaccional aprobada foi froito dunha proposta que o PSOE realizou a unha iniciativa do PP dado que, segundo o deputado socialista Xavier Carro, a dos "populares", que databa de novembro do pasado ano, "queda superada por unha nova planificación gasista 2007-2016 do Ministerio de Industria.
Transaccional > O Partido Popular solicitaba a inclusión inmediata da planta de gas de Reganosa nos plans do Ministerio e a construción do gaseoducto.
Con todo, Carro sinalou que segundo o recollido no documento preliminar de planificación dos sectores de electricidade e gas entre eses anos, a planta de Reganosa será ampliada en 2013 duplicando a súa capacidade. Ademais, tamén recolle a previsión para 2013 da conexión de Galicia co resto de España a través de gaseoducto Guitiriz-Lugo-Ponferrada-Zamora-Algete para ese mesmo ano, aínda que o primeiro tramo estará executado o ano anterior.
Carro explicou que nos estudos para a planificación gasista viuse a necesidade de contribuír á alimentación da zona centro da península desde Reganosa e incidiu en que "a vontade de Industria de ampliar a capacidade de Reganosa e conectala coa Meseta é xa unha realidade".
Enlace coa noticia orixinal no "Diario de Ferrol"
_____
Enlace co Blog que oferta un número importante de enlaces con noticias que se produzen con respeito á planta regasificadora de REGANOSA
7 comentarios
VERGOÑA
Esta e unha etapa de vital importancia, agora mais que nunca temos que ser mais fortes non nos podemos rendir.
Xavier Carro, parece que ten todos os sintomas da enfermidade da "moquetistis", que é unha enfermidade social que se produce, polo trauma que causa o pasar desde o "taller de electrónica" de BAZAN, a pisar moqueta nos despachos parlamentares de Madrid, sen ter conciencia de clase nin de País. Sobre todo os sintomas, agudizanse, se o que pisas son as moquetas dos despachos ministeriais, pois sempre se tem unha pequena alucinación, de que se fás o políticamente correcto, eres bon e manso, podes chegar algún día a sentarte no sillón de ministro. Maldita enfermidade !!
Nessa foto que se publica no post, nom só está Xavier Carro, senom que também aparece mesmo ao lado o Presidente da Autoridade Portuária Amable Dopico. Outro que era contrário a actual localizaçom da Planta de Gás dentro da Ría e agora, já se sabe. REGANOSA COSA NOSTRA, dim eles.
PLANTA DE GÁS FORA DA RIA !!!!
Perdoa que che corrixa Paco. Pero, en liñas xerais o Carro este non ten cociencia ningunha, nin de nada.
É un individuo perigoso. ¡¡¡OLLO CON EL!!!
Paco di "bon e manso". Eu o vin haberá uns meses, nun programa en Localia, debatindo con xente do Comité e non vexas. Facia como se soubera moito, mais que non podía dicir. E atacaba sen tregua aos membros do Comité, daba noxo. Mais que manso e bon, é servidor do seu amo. Parece mentira que hai pouco máis de dous anos estivese contra a Planta de Gas. Non o creo.
A miña posición sobre a Planta de Gas está publicada no meu blog xaviercarro.blogspot.com.
Como ciudadano sigo pensando que a Planta é un atentádo estético na Ría e que esta será en todo caso máis segura sin Planta que con ela. Pero como responsable político teño que aterme á legalidade. REGANOSA ten unha serie de concesións que xeran obrigas que debe cumprir.
A proposición que votamos non di que se amplie a Planta "dentro da Ría", senón que se amplie e que se construa un gaseoducto necesario en calqueira caso, tanto dentro como fora.
Sr. Carro, pois eu de Vds desmentiría aos medios de comunicación que publicaron a noticia, deixando claro que Vd propon a amliación, pero sin decir onde. Desminta o que publicaron os medios, mais parece-me bastante difícil que o faga, pois existe un diario de sesións que o poderían desmentir a Vds. Ou mesmo un deses espabilados do PP, que os hai, para poñerlle colorado e capaz de falar na prensa das súa incongruencias.
Por outra parte, non sabía que ao chegar a un cargo como de diputado en Madrid, hai unha pequena transformación e se deixa de ser persoa. Non o digo eu o di Vds.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon