mércores, novembro 21, 2007

"Ecoloxistas en Acción" premiaron un vídeo curto que denuncia a Planta de Gas de Reganosa

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: Wednesday, November 21, 2007 12:57 AM
Asunto: "Ecoloxistas en Acción" premiaron un vídeo curto que denuncia a Planta de Gas de Reganosa



"Ecoloxistas en Acción" premiaron un vídeo curto que denuncia a Planta de Gas de Reganosa.

Nun festival sobre "Vídeo Diversidade", a organización "Ecoloxistas en Acción" premiou cun Accésit á película de vídeo curto titulada "Ferrol, polo mar e a vida", elaborado conxuntamente pola Asociación Cultural Fuco Buxan e a organización ACSUR. O vídeo ten unha duración de 10 minutos e será estreado en Ferrol o próximo 18 de decembro no Centro Cultural Ricardo Carballo Calero do Inferniño nesta cidade.

O accésit outorgado por Ecoloxistas en Acción foi recollido o pasado 9 de novembro a IAN Ingelmo Ros, monitor de ACSUR que impartiu en Ferrol o curso de vídeo o pasado mes de xullo, no que os alumnos elixiron como tema o despropósito da localización da perigosa Planta de Gas de Reganosa dentro da angosta Ría de Ferrol, realizando todos os traballos de elaboración do vídeo: o guión, selección de actores, filmación e composición. Ao mesmo tempo que se realizaba este curso en Ferrol, ACSUR impartiu tamén outro curso en Bolivia onde realizaron outro vídeo curto dun problema social a difundir.

Despois de que o próximo día 18 de decembro sexa estreado o vídeo "Ferrol, polo mar e a vida", éste será distribuído gratuitamente en formato de DVD en países de Europa e Hispanoamérica, xunto con outros vídeos curtos con distintos problemáticas sociais a fin de contribuír ao seu coñecemento.

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon