martes, novembro 27, 2007

Martes, 27 de novembro, concentración para despedir á Delegación do Comité de Cidadán de Emerxencia que se vai desprazar até Bruxelas

De: Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de novembro de 2007 01:21
Asunto: Urxente convocatoria e roda de prensa



Urxente convocatoria e rolda de prensa

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol,
co motivo do desprazamento ó Parlamento Europeo en Bruselas
dunha delegación de seis dos seus membros

Convoca:

Martes, 27 de Novembro,
ás 18,30 horas


na Praza de Galiza
[fronte ó Edificio de Correos]
en Ferrol


A tóda a cidadanía

Como medida de apoio e solidaridade
cos compañeiros e compañeiras
que van levar ao
Parlamento Europeo
a denuncia e o rexeitamento
á localización da Planta de Gas
dentro da Ría de Ferrol.

E aos Medios de Comunicación,
co fin de efectuar unha rolda de prensa,
previa a saída (18,30 h.)
e no lugar concreto onde se produce.


Engádese comunicado oficial do CCE
--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
...........
Para apoio económico:
C.c. en BBVA, titular: Carmelo Teijeiro e otros.
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
0182-0181-59-0201548440
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
IBAN ES96 0182 0181 5902 0154 8440
______________

UNHA DELEGACIÓN DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA VIAXARÁ A BRUXELAS, PARA PRESENTAR UNHA DENUNCIA NA COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO
27 DE NOVEMBRO DE 2007

Os próximos días 28 e 29 de novembro, seis compoñentes do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol [en diante CCE] estarán en Bruxelas para presentar unha denuncia a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo polo feito de que a Planta de Gas de Reganosa desde o pasado 9 de maio está en funcionamento, ameazando a vida de 100.000 persoas que viven na Ría de Ferrol, vulnerando fragantemente os artigos 8 e 12 da Directiva Europea 96/82/CE (Seveso II), sen ter acreditado o cumprimento de dita normativa nin da Norma europea EN-1532 de saída ao mar dos buques gaseros en caso de emerxencia e ameazando a riqueza marisqueira da que viven máis de 600 familias.

Así mesmo a Delegación do CCE terá entrevistas con distintos eurodiputados , para facilitarlles copia de devandita denuncia que se presentará esta semana á Comisión de Peticións por vulneración da Directiva Seveso II e así mesmo para darlles coñecemento doutra denuncia mais presentada hai un mes ao Comisario Europeo da Competencia Mario Monti por vulneración da normativa europea da Competencia cun convenio subscrito no ano 2000 por D. Manuel Fraga, entón Presidente da Xunta de Galicia, cunha cláusula secreta para esconder investimentos e axudas publicas, en prexuízo doutros operadores do sector enerxético.

A viaxe esta organizado polo Grupo Parlamentario Europeo de Esquerda Unida, quen traslada a Bruxelas a uns 25 persoas de Galiza de distintos colectivos que se aloxasen no Hotel Best Western Premier Carrefour De L´Europe. A viaxe realízase en dúas etapas unha en autobús que sae o martes 27 ás 19 horas desde a Praza de Galiza, fronte ao Edificio de Correos, en Ferrol para levarlles ao Aeroporto de Madrid, desde onde o mércores dia 28 ás 6,15 horas sairá o avion da compañía irlandesa Ryanair, que lles levará ao aeroporto de Clarleroi, a uns 46 kilometros ao Sur do Centro de Bruxelas e coñecido como o seu aeroporto sur.

Para o mércores día 28 ás 12,30 da mañá esta prevista a súa acreditación para entrada no Parlamento Europeo onde ás 13,30 horas terá lugar a comida nos comedores do mesmo. Á primeira hora da tarde do mércores terán unha entrevista con Willy Meyer, Eurodiputado por Esquerda Unida e con David Lowe, Secretario Xeral do Comité de Peticións. Posteriormente asistirán a unha charla coloquio sobre o funcionamento das institucións comunitarias.

Para o xoves 29 de novembro a Delegación do CCE ten previsto entrevistarse con Parlamentarios Europeos dos verdes, entre eles David Hammerstein. Así mesmo esta previsto unha entrevista coa eurodiputada Inés Ayala Sender, representante socialista na Comisión de Peticións, así mesmo cos eurodiputados socialistas galegos Rosa Miguelez e Antolin Sánchez.

Para facilitar a identificación dos compoñentes do CCE, estes levarán camisetas de cor vermella, distintivo do sinal de perigo, co slogan: Planta de Gas Fora da Ría! "En defensa da vida da Ría e dá legalidade". O regreso da Delegación do CCE está previsto para a mañá do venres 30 de novembro, tamén en dúas etapas, unha primeira en avión da compañía irlandesa Ryanair que sae do aeroporto Charleroi (Bélxica) ás 19,05 do dia 28, e a segunda etapa desde Madrid a Ferrol en autobús.

Para a saída desde Ferrol a partir das 18,30 o Comité Cidadán de Emerxencia convocou unha rolda de prensa nas beirarrúas e escaleiras próximas das oficinas de Correos.
_________________________

Anexos:

TÍTULO VIII : DAS PETICIÓNS
Regulamento do Parlamento Europeo
-16ª edición - setembro 2007 -

Artígo 191 : Dereito de petición

Artígo 192 : Examen das peticións

Artígo 193 : Publicidade das peticións
___________________

Membros da Comisión de Peticións:
Relación de membros

Web da Comisión de Peticións:
Sitio web C.P.

_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon