domingo, decembro 30, 2007

Denuncia a constante saída de Camións de 50 Tm cargados con clínker do Porto Exterior por unhas estradas limitadas a 16 Tm

De: Esquerda Unida-Ferrol -polaesquerda@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de dezembro de 2007 23:25
Asunto: EU, denuncia a constante saída de Camións de 50 Tm. cargados con clínker do Porto Exterior por unhas estradas limitadas a 16 Tm



O Consello Local de Esquerda Unida de Ferrol, reunido esta tarde na sede de EU, denuncia a constante saída de Camións de 50 Tm. cargados con clínker do Porto Exterior por unhas estradas limitadas a 16 Tm. ademais de ser inadecuados ou condicionados e cubertos para transportar este tipo de mercadorias perigosas.

O Consello Local, acorda emitir este comunicado de prensa.

COMUNICADO DE PRENSA
Consello Local

EU esixe o cumprimento da normativa nas descargas de clínker no Porto Exterior de Ferrol ”.

Esquerda Unida de Ferrol presentou , o pasado día 26, no Rexistro municipal un escrito dirixido ao Alcalde de Ferrol esixíndolle, como máximo representante da cidadanía, o cumprimento da normativa ambiental e a vixianza do transporte de clínker das descargas do Porto Exterior.

Como lembramos as AA.VV. da zona manifestaron as súas queixas polo tránsito de camións pesados que cargan este perigoso composto para a seguridade das persoas e as descargas no Porto Exterior sen ningún tipo de control nin medidas de precaución .

Salientamos que os camións que transportan este perigoso material son de 50 Tm, cando as estradas desta zona está limitada a 16 Tm., ademais de incumprir o compromiso do Parlamento Español coa veciñanza de transportar esta mercadoría en camións especialmente acondicionados e perfectamente cerrados.

Para Esquerda Unida a saúde das persoas e o medio ambiente está por enriba dos intereses económicos dunha empresa.

Polo tanto, non comparte, nin de lonxe, as manifestacións do máximo representante da Autoridade Portuaria cando di que “ trátase dunha cuestión puntual”. “Se facemos hemeroteca “ este mesmo argumento foi dado pola mesma representación cando as descargas foron realizadas no Porto de Curuxeiras.

Estase a contradicir, ademais os condicionantes impostos polo goberno do Estado pois, para este caso concreto, permitir as descargas cunha serie de medidas paliativas do impacto e que non se están a cumprir.

Así pois, dende EU esixímoslle ao Alcalde de Ferrol que faga cumprir as medidas impostas para o transporte deste material e ao Presidente da Autoridade Portuaria a paralización das descargas, en tanto non se dean as condicións axeitadas para levalas a cabo.

Ferrol a 28 de Decembro de 2007.

Polo Consello Local de Ferrol.

Asdo. Víctor Ledo – Coordinador - asdo. J. Loureiro - S. Organización

O Consello LOCAL.

Ferrol a 28 de Decembro de 2007.
_______________

Relacionados:

Francisco Rodríguez, diputado do BNG, preguntaba ao goberno sobre este problema en setembro de 2007 [formato pdf]

Noticia no Diario de Ferrol, o 18 de Decembro de 2007: En resposta a unha pregunta do deputado do BNG Francisco Rodríguez, o Goberno central asegura que a descarga de clínker no porto exterior realizarase con medidas anticontaminación e que o seu transporte en camións "será con restricións" mentres non se abra o novo acceso viario
______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon