mércores, decembro 19, 2007

Un agarimoso e fraternal abrazo


Onte, en Ferrol, no "Centro Cívico e Cultural Carvalho Calero" do Inferniño, organizado por Fuco Buxan A.C., tivo lugar un emotivo acto de recoñecimento ao compañeiro Carmelo Teixeiro Menéndez, pola súa entrega e seu compromiso coa causa democrática e popular, na defensa das liberdades e do benestar do pobo. Carmelo Teixeiro que está loitando contra unha grave enfemidade, é o Coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, desde a súa constitución no ano 2001, desde entón desenvolve unha actividade intensa, na defensa da Ría e da Vida. No mesmo acto presentouse o video "Ferrol polo mar e a vida" no que Carmelo é un dos protagonistas na denuncia contra o despropósito que significa a intalación de REGANOSA dentro da nosa Ría e a corrupción que lle acompaña.

Manuel Rodríguez Carballeira, presentou o acto con palabras de recoñecemento e agradecemento ao compañeiro Carmelo, logo deu paso primeiro a Silvia Chocarro e Manuel Cendán, en representantación de ACSUR-Las Segovias e Fuco Buxan, entidades promotoras do video, froito dun curso que se desenvolveu este verán en Ferrol. Resaltou a intervención de Camilo Nogueira Román membro destacado do Consello Nacional do BNG e ex parlamentario autonómico e europeo que foi convidado a intervir neste acto. Mais emotivas foron as palabras de Carmelo que deixou o hospital por unhas horas, para asistir a este acto e manifestar que a loita continua que venceremos e que el verá cos seu propios ollos ou cos de todos nós o desmantelamento de REGANOSA. O acto rematou coa música da Asociación Sociocultural "A Revolta de Trasancos" e intensos aplausos con abrazos, beixos e mostras de afecto a Carmelo.

Desde a Plataforma Ártabra 21, estamos moi agradecidos polo importante traballo e dedicación do compañeiro Carmelo. Agardamos que con ese mesmo tesón e espírito de loita ao que nos ten acomtumad@s, vire o pulso á enfermidade e volte máis cedo que tarde a estar con nós ao frente da loita pola defensa da Ría, a vida, a xustiza e a dignidade.

Enlace coa Galería de Diapositivos do Acto

[Clicar acima da imaxe para entra na Galería de Diapositivos]

Enlace cos Audios do Acto
______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon