martes, marzo 25, 2008

O buque gaseiro "Mourad Didouche" non chegou a Ferrol

[Foto da anterior concentración diante do Edificio da Xunta de Galicia]

O buque gaseiro "Mourad Didouche" que tiña prevista a súa chegada no día de onte [24.03.2008] a Ferrol, non chegou por causas que ainda non coñecemos, mais que o xornal comarcal "Diario de Ferrol" as situa nun retraso na escala que tiña que facer no porto andaluz de Huelva, por causa dun temporal no "Estrecho". Nas próximas horas informaremos deste asunto. Mais foron moitas as persoas que se achegaron até as inmediacións do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, para participar na mobilización do Comité Cidadán de Emerxencia, que ao final quedou desconvocada até novo aviso.
__________
Enlace relacionado:
Convocada unha concentración e posterior manifestación, ante a entrada na nosa Ría do "Mourad Didouche", buque gaseiro cargado para REGANOSA
__________

1 comentarios so far

BOG, Nº 56  Luns, 24 de marzo de 2008.
Obras para a ampliación
da terminal de regasificación de GNL no emprazamento
de Punta Promontorio, no termo municipal de
Mugardos (A Coruña).
http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/793fa8733a117dbec1257410006876d4/$FILE/05600D074P159.PDF


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon