Hoxe, ás 12:30 hrs, nos locais do Ateneo Ferrolán, tivo lugar unha importante rolda de prensa, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, para denunciar un novo "pelotazo", desta vez a conta dunha Concesión Administrativa no que están implicados o Grupo Tojeiro [a través da súa empresa Forestal del Atlántico, S. A.], REGANOSA, o Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol - San Ciprián e a anterior Xunta de Galicia, con Manuel Fraga como Presidente.
O 4 de Maio de 1997, o Consello de Administración da citada Auoridade Portuaria, acordaba a Concesión Administrativa, outorgada por 30 anos á empresa Forestal del Atántico, cuxo importe correspondía nos exercicios económicos de 2001 e 2002 a 142.576,90 €. A citada concesión, foi cedida, nun 46,92% a REGANOSA o 23 de marzo de 2001, con anterioridade, o 2 de marzo de 2001, o Consello de Administración da citada A.P. aprobaba a cesión, uns días antes [21.02.2001] de producirse o outorgamento da Concesión Administrativa, producese o cese do Presidente da Autoridade Portuaria, Guillermo Romero Caramelo, que se opuña ao "cambalache" [*]. A Concesión foi autorizada definitivamente despois dunha ampliación da mesma, polo Consello de Administración da citada Autoridade Portuaria con data do 7 de maio de 2003. Desta vez no asentamento contábel de REGANOSA no conceito de concesións administrativas figura 24.799.003,39 €.
[*] Guillermo Romero era presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol en febreiro de 2001, cando tocaba regularizar un recheo de 123.000 m2 en Punta Promontoiro, onde só se autorizaran 59.000 m2, e un dragado ilegal que servira para poñer un calado de 14 metros onde só había 12,5.
- Audio da Rolda de Prensa
[Cedido por Rádio FilispiM]
|
- Galería de Diapositivos da Rolda de Prensa
- Galería de Fotográfias da Rolda de Prensa
_________________________
As datas son significativas:
Cese de Guillermo Romero Caramelo no BOE, en formato - PDF-
As hemerotecas dan datos de interese, ainda que sexan as de "La Voz de Galicia":
Manuel Fraga apoia a decisión do conselleiro de Política Territorial porque «había que resolver o tema de Mugardos» [Noticia en "La Voz de Galicia" - 16.02.2001]
A Xunta destitúe ao presidente do porto de Ferrol por entorpecer a planta de gas [Noticia en "La Voz de Galicia" - 16.02.2001]
Eran outros tempos:
O deputado socialista Ismael Rego acusa ao titular de Política Territorial de cesar a Romeu porque "non se encartou aos intereses dun empresario" afín á Xunta [O Xornal - 21.03.2001]
Interesante frase:
"Fixen o que tiña que facer e díxenllo a quen llo tiña que dicir. Non quero volver falar de Reganosa", Guillermo Romero Caramelo [Extracto dunha reportaxen da revista "Tempos Novos", nos Arquivos Ártabros]
____________
Concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta, o xoves 6 de marzo, ás 7 da Tarde, ante a entrada na Ría dun novo buque gaseiro para a ilegal e perigosa REGANOSA
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon