luns, marzo 03, 2008

Proposta do Colectivo Opaíí - Rádio FilispiM: "V Conspirando por unha radio libre" -> xoves 20/03/2008

De: FilispiM 93.9FM -opaii.rfm@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 29 de fevereiro de 2008 19:44

Asunto: Proposta do Colectivo Opaíí - Rádio FilispiM ao voso colectivo. "V Conspirando por unha radio libre" -> xoves 20/03/2008



Proposta do Colectivo Opaíí - Rádio FilispiM ao voso colectivo. "V Conspirando por unha radio libre" -> xoves 20/03/2008

Olá a todas e tod@s,

Somos o Colectivo Opaíí! – Rádio FilispiM, 93.9FM, e pedímosvos que prestedes moita atención ao seguinte:

Como todos os anos o Colectivo Opaíí! – Rádio FilispiM, organiza para o vindeiro xoves "santo", 20 de marzo, una nova edición do festival "CONSPIRANDO por unha radio libre".

Este ano cumprense cinco edicións. É polo que, decidimos dar un salto cualitativo, canto a organización do mesmo, procurando un espazo aberto para a súa celebración.

Tras petición ao departamento de cultura do Concello de Ferrol, este deu o visto e praze a utilización do PALCO existente na PRAZA DO INFERNIÑO, en Ferrol, comprometéndose a facilitarnos unha CARPA, baixo a que programar o propio festival e os actos paralelos ao mesmo.

PROGRAMA DO "V CONSPIRANDO por unha radio libre".

MÚSICA:

Na 5º edición do "CONSPIRANDO", tocarán tres grupos, dous locais e un de fóra. Os estilos musicais serán variados: funk, tradicional e punk-rock. A parte músical do festival comezaría cara as 22:00 h. e remataría cara as 01:00 da madrugada.
ACTOS PARALELOS:
PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL, en directo dende o estudio de RFM [Rádio FilispiM]), con conexións en directo, horas antes do festival.

FEIRA DE COLECTIVOS, no propio festival, previa aos concertos con postos e material divulgativo dos diversos colectivos, sociais, culturais, ecoloxistas, da nosa comarca que desexen participar e se inscriban previamente. Esta feira se desenvolvería nos postos que os colectivos instalaran na propia carpa, entre as 6:00 h. do serán e até que desexaren.

Estamos estudiando a posibilidade de que algun colectivo amenice esta FEIRA, previa ao festival, con malabares, circo, etc.

GRAVACIÓN ÍNTEGRA DO FESTIVAL en formato radiofónico, para a súa futura emisión en Rádio FilispiM (RFM)

OBXECTO DO V "CONSPIRANDO por unha radio libre".

O festival, como todos os anos, ten como obxecto a recadación de fondos pra autofinanciar Rádio FilispiM. Como sabedes, Rádio FilispiM non pertence a institución nen empresario algún, a autoxestión comunitaria é a súa principial mantedora, de aí que a rádio sexa libre e comunitaria.

Ademáis, pretende a difusión dos artistas e grupos locais, e a interelación dos colectivos que se sumen á convocatoria da "FEIRA DE COLECTIVOS", para a difusión das diversas iniciativas. En todo caso, participando dunha xornada de convivio, compartillamento de experiencias e mostra das mesmas á poboazón en xeral.


QUE PRECISAMOS pra poder levar a bon término o V Conspirando?

Para poder facer fronte aos gastos que xenera a organización deste tipo de eventos, pensamos na introduzón, nos cartazes anunciadores do evento, de PUBLICIDADE dos diversos colectivos, asociacións ou pequenos negocios da comarca. O custe deste "espazo no cartaz" é de 30 euros (sinxelo), ou 50 euros (duplo espazo).

Se recibes esta mensaxe, é porque figuras entre os colectivos, aos que decidimos solicitar este PATROCINIO, polo que vos pedimos valoredes a posibilidade de participar desta iniciativa coa aportación que mellor se axuste as vosas posibilidades.

EN CALQUER CASO, quedades todas e todos os colectivos convidadas a instalar unha mesa co voso material divulgativo na FEIRA DE COLECTIVOS.

Cómpre, que no prazo máis breve posíbel nos contestedes a este correio indicando se estades de acordo en calquera das iniciativas que vos propoñemos: patrocinio, participación na FEIRA DE COLECTIVOS ou ámbalas dúas propostas. Tambén podedes chamarnos ao teléfono 680 73 02 41.

CASO DE PRESTARNOS O VOSO APOIO CO PATROCINIO, achegádenos CANTO ANTES o LOGOTIPO ou imaxe que queirades incluir nos cartazes que xa estamos deseñando. Pódedes anexalo no correio de volta.

Esperamos ter sido clar@s e concisos.

Unha aperta.

Colectivo Opaíí - Rádio FilispiM, 93.9 FM

--
OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da comarca de Trasancos
www.opaii.blogspot.com
filispina@gmail.com ou opaii.rfm@gmail.com
Apdo. 303 15401 Ferrol (Galiza)
_____________-


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon