De: Participación Cidadá
-participacion@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de junho de 2008 12:22
Asunto: convocatoria para o xoves día 12 de xuño de 2008
Achégolle a convocatoria, a acta de conformación e os datos fichas.
Un saúdo
Participación Cidadá: convocatoria para o xoves día 12 de xuño de 2008
Estimada Señora, Estimado Señor:
Despois da xuntanza mantida o pasado mércores no Salón de Plenos do Concello, onde se vos trasladou ás entidades e persoas participantes o inicio do proceso de reforma do Regulamento de Participación Cidadá, convocámoslle a participar na primeira reunión do grupo de traballo que se vai celebrar o xoves 12 de na Aula magna do edificio da UNED situado na Rúa María, 52. A hora de inicio da reunión é as 20:00, tendo prevista unha duración de dúas horas.
Atendendo aos debates que se deron na reunión anterior, a xuntanza aproveitará as temáticas expostas respecto das carencias no ámbito da participación cidadá e que se deberan dar saída no Regulamento. Coa idea de aproveitar as reflexións, achegámoslle o documento coa acta da reunión e poder así retomar debates sobre os que cómpre profundizar. Ao tempo lembrámoslle que o documento co esbozo do Regulamento está a súa disposición na web do concello www.ferrol-concello.es ou, se o prefire, poder recoller unha copia na Oficina de Participación Cidadá (segundo andar na Casa do Concello).
Neste sentido, quixéramos transmitirlle que no caso de estar anotadas dúas persoas da súa entidade para asistir á reunión, e por cuestións de operatividade e representación doutros colectivos, só poderá asistir unha persoa por asociación.
Para calquera cuestión pode poñerse en contacto coa equipa de coordinación técnica do proceso (Rosa Muñiz Castro 627 570 949; rosa.munhiz@cidadania.coop) ou da Concellaría de Participación (981 944 000 ext 219; participacion@ferrol.es).
Agradecendo de antemán a súa colaboración, reciba un cordial saúdo.
Javier Galán Pérez
Concelleiro de Participación Cidadá
______________
Documentos anexos nos Arquivos Ártabros:
- Proceso participativo Regulamento de Participación Cidadá: Listado de persoas e entidades participantes que cubriron a ficha.
- Proceso participativo para a reforma do Regulamento de Participación Cidadá: Acta da reunión de conformación do Grupo de Traballo: Grupo de Análise e Proposta.
Enlace Relacionado:
A Concellaría de Participación Cidadá quere poñer en marcha un proceso de diálogo social, para traballar a proposta de Participación Cidadá
_______________
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon