De: Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de junho de 2008 16:57
Asunto: Resumo e dosier da Rolda de Prensa de hoxe en Santiago
Resumo e dosier da Rolda de Prensa de hoxe en Santiago, do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (CCE), no Clube Internacional de Prensa.
Celebrada hoxe, mércores 18 ás 12 h.
Compareceron ante os medios de comunicación, os seguintes membros do CCE: Manuel A. Rodríguez Carballeira, Eliseo Zaera Ríos, Humberto Hidalgo Couce, Jesús I. Caselas Pérez e José Álvarez, o último en representación da A.VV. "O Cruceiro de Meá"
O CCE deu conta nesta rolda de prensa da nova sentencia do TSXG (a terceira) en contra de Reganosa, que anula a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Mugardos (cambio de usos do chan) e que servíulle a Reganosa para instalar a planta de gas en Punta Promontoiro, dentro da Ría de Ferrol.
Doutra banda, sinalar que este CCE fixo entrega á Presidencia e Vicepresidencia da Xunta de Galicia dun escrito de petición para que retiren os recursos ante o Tribunal Supremo en Madrid e acaten as sentencias do máis alto Tribunal galego.
16 de xuño de 2008
Asdo. Manuel A. Rguez. Carballeira
Coordinador do CCE
Engádese ficheiro coa seguinte documentación:
- Resumo da Rolda de Prensa.
- Escrito dirixido ao Presidente e Vicepresidente da Xunta.
- Copia da Sentenza do TSXG.
http://Dossier-Reganosa.pdf
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
_______________
A nova nalgúns medios:
O CASO NA FISCALÍA DE DELITOS ECONÓMICOS
Terceira sentenza do TSXG contra Reganosa
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol pide á Xunta que non recorra o ditame que anula o cambio do PXOM de Mugardos, sobre o que se basearon as posteriores autorizacións da planta de gas, e advirte de responsabilidades penais dos políticos.
Manuel Vilas. 18.06.2008 | 17:59 A Nosa Terra
4 MILLÓNS DE BENEFICIOS logo de recalificar
O Comité Cidadán de Emerxencia apunta á conexión Toxeiro-Orza
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol asegura que unha 'trama de corrupción permanente' permitiu a instalación de Reganosa en Mugardos. En concreto, destacan que o ex-conselleiro de Economía da Xunta, o conservador Xosé Antonio Orza, era socio do Grupo Tojeiro, que promoveu a regasificadora.
Manuel Vilas. 18.06.2008 | 18:04 A Nosa Terra
TERCEIRA DECISIÓN XUDICIAL CONTRARIA Á PLANTA
O Comité Cidadán exíxelle á Xunta que acate a nova sentenza do TSXG contra Reganosa
O xuíz invalida o cambio de usos do solo dos terreos nos que se asenta a regasificadora, pola ausencia da Declaración de Impacto Ambiental.
Redacción - 18:40 18/06/2008 Vieiros
O Comité de Emerxencia denuncia a "corrupción" e o "sacrificio" da ría de Ferrol ás empresas
Santiago de Compostela.- O Comité Cidadán de Urxencia, asociación de defensa ambiental da ría de Ferrol, denunciou hoxe a "corrupción" e o intento de "sacrificar" esa zona do litoral galego que atribuíu a empresarios privados, e pediu á Xunta que non sexa "corresponsable" desa situación.
EFE Actualizado 18-06-2008 15:21 CET soitu.es
_______________________
1 comentarios so far
Gostei moito deste artigo, artigo que souben a traverso de Arceibe en Novas na Eumesfera . Desde a miña humilde opinión tedes todo o meu apoio.
Unha aperta e a seguir traballando.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon