De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de agosto de 2008 18:32
Asunto: Estoupa unha planta de gas en Canadá
A Nosa Terra Dixital
Xoves, 14 de agosto de 2008
MILES DE EVACUADOS
Estoupa unha planta de gas en Canadá
Redacción . ADEGA apunta que a gaseira de Toronto era 2.000 veces menor que a de Reganosa en Mugardos e advirte que o Plan de Emerxencia é inútil.
Reloxo 12.08.2008 | 18:48
Explosión da planta de gas en TorontoO pasado día 10 de agosto na cidade canadiana de Toronto produciuse unha explosión de 220.000 litros de gas propano. Milleiros de pesoas tiveron que ser evacuadas nun radio de 1,6 quilómeteros, afirma a asociación ecoloxista ADEGA.
A organización alerta que “REGANOSA posúe en Ferrol unha planta de gas licuado cunha capacidade 2000 veces maior que os depósitos que estouparon en Toronto. Si esta mesma emerxencia acontecera en REGANOSA, habería que evacuar á totalidade da poboación de Ferrol, de Mugardos e á maioría de Fene”.
De “ridículo" cualifica ADEGA o Plan de Emerxencia Exterior de REGANOSA pois “só contempla como máxima area de afectación 400 metros!!!”.
Cinta illante
Os ecoloxistas aseguran que este Plan non é valido. De feito, indican que estes días se está a informar á poboación de Mugardos das medidas que deben adoitar en caso de accidente na planta. “Collan cinta illante e selen portas e fiestras. Non saian á rúa!. Non utilicen os interruptores das luces!. Escoiten a Radio Galega, serán informados!”, cita con retranca ADEGA nun comunicado.
____________
ESTEIRO
Web veciñal
Blog veciñal
Artigos PA21
____________
_________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
xoves, agosto 14, 2008
Estoupa unha planta de gas en Canadá [10.08.2008]
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, agosto 14, 2008
Tags
Artigos relacionados
- O Comité Cidadán de Emerxencia lamenta profundamente o falecemento do querido compañeiro
- Un día de condicións meteorolóxicas adversas, de pouca visibilidade, vento e chuvia abund
- O pasado domingo 13 de xuño, o buque gaseiro "Yakov Gakkel", descargaba as miles d
- Un novo buque gaseiro, o "Catalunya Spirit LNG", entrou esta mañá na nosa Ría, cargado c
- O "Maran Gas Spetses", buque gaseiro que estivo descargando en Punta Promontoiro, GNL p
- Na tarde de onte, 29 de marzo de 2021, arribaba ao porto de Mugardos o gaseiro "LNG Boris
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon