xoves, agosto 28, 2008

As imaxes da explosión en Forestal do Atlántico son de setembro do 2007

A nova que publicou Artabra 21 às 01:48 hrs do 28/08/08 na súa primeira edición e ampliada logo en dúas edicións máis, en relación a un accidente ocurrido en "Forestal del Atlántico" corresponden realmente a setembro do 2007. A fonte que enviou as imaxes as databa no día de onte [27.08.2008] polo que deu lugar a confusión. A noticia se reafirmou ao dar outra fonte información das sereias de alarma que se escoitaron en Mugardos. Ártabra 21 continua investigando sobre a orixe destas imaxes e o porqué non apareceron publicadas antes. Desde Artabra 21 pedimos desculpas pola confusión creada e reafirmamonos no compromiso de continuar informando dun xeito crítico e veraz sobre todo o relacionado coa planta regasificadora de Mugardos.

Explosión en "Forestal del Atlántico", empresa do Grupo Tojeiro que está á beira de REGANOSA, no mesmo complexo químico-industrial de Punta Promontorio en Mugardos.


Onte, 27 de Agosto de 2008, sobre as 12 do mediodía comezan a soar as sereias, non era un simulacro, en "Forestal del Atlántico" pasaba algo, saía moito fume e pasou o que mostra o vídeo. Agardamos que haxa unha explicación da Dirección da Empresa, así como das autoridades locais, pois a estas alturas Barcia e Irisarri xa tiñan que estar pedindo e dando explicacións a cidadanía e diante dos medios de comunicación. Tamén calan os responsábeis da nosa seguridade na Xunta de Galicia e na Delegación do Goberno. E como non os medios de comunicación convencionais ocultan o accidente e iso que soaron as alarmas. Onde están os polític@s, coas súas potentes maquinarias electorais ?.



Video postado por Susete70 -
A web de Susete

"ATENT@S AO 'PEACHO PEPINO' QUE SAE DISPARADO DA CHEMINEA, CARA AO INTERIOR DA PLANTA PETROQUÍMICA, APARTE DAS MILES DE TONELADAS QUE ALMACENA DE PRODUCTOS TÓXICOS, INFLAMABLES E PERIGOSOS, TEN ENCOSTADA A SÚA DEREITA A ILEGAL PLANTA DE GAS CONSTRUÍDA NO INTERIOR DA RIA DE FERROL (REGANOSA)". Susete70

Comentario de Artritris en Chuza !:

"Ás 12 do mediodía de onte mércores comezaron a soar sereas en Punta Promontorio. Eu, que non quixen pecar de paranoico, non lle din moita importancia malia vivir a 450 metros e escoitar as sereas perfectamente, pero pechei as fiestras da casa, non fora ser o demo... Finalmente parece que non era unha simple "proba de son" e efectivamente, saltaran as alarmas pola explosión dunha cheminea da planta petroquímica. A ver se cando menos a prensa informa do que pasou. Menos mal que o becho leva aí catro días... " [28/08/08 01:58]
[Enlace co Comentario Orixinal]

[Complexo Químico-Industrial de Punta Promontorio - Mugardos- Ría de Ferrol]
_____

Actividade de Forestal del Atlántico, S.A.:


Fabricación de colas e resinas.
para a industria do taboleiro e impregnación de papel cunha ampla gama de produtos como son as colas de Urea-Formol, Melamina-Urea-Formol, Melamina-Formol, Fenol-Formol, Resorcina-Formol e disolucións acuosas de formol.

Parque de almacenamento e terminal marítimo de líquidos:
Forestal dispón de tanques de almacenamento cunha capacidade total aproximada de 280.000 m3 preparados para hidrocarburos e produtos químicos, e de instalacións portuarias para a carga e descarga de buques-tanque.

Distribución de produtos petrolíferos.
Forestal leva traballando dende 1997 non mercado de fueloleos.

Coxeración de electricidade e vapor:
Forestal posúe a súa propia planta de coxeración cunha potencia eléctrica instalada de 25 Mw para consumo eléctrico propio, exportación á rede e produción de vapor para a utilización na planta.

Actividades "ambientais":
Forestal ven desenrolando dende vos seus inicios a xestión de residuos MARPOL tipos A, B e C en conexión coa limpeza, deslastre e desgasificación de buques.

Porto de sólidos:
Cunha superficie de almacenamento de 50.000 m2, unha liña de atracada de 400 m. de lonxitude e un calado mínimo de 14m.
____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon