De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de dezembro de 2008 15:44
Asunto: ESQUERDA UNIDA RESPALDA E CHAMA A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN ORGANIZADA POLAS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DE DONIÑOS, A CABANA E VALÓN
ESQUERDA UNIDA RESPALDA E CHAMA A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN ORGANIZADA POLAS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DE DONIÑOS, A CABANA E VALÓN
O GRUPO MUNICIPAL ASISTIRÁ PARA EXPRESAR O SEU RESPALDO E ESIXIR SOLUCIÓNS INMEDIATAS PARA AS DEMANDAS VECIÑAIS
O Grupo Municipal de Esquerda Unida participará na manifestación convocada para a sobremesa de mañá, venres, 5 de decembro, ás 16:30 horas, polas asociacións veciñais de Doniños, A Cabana e Valón. Van meses dabondo sen que as administracións públicas competentes teñan feito algo pola veciñanza, que sofre de cotío os perigos e inconveniencias que a desidia dos responsables políticos permiten.
Esquerda Unida hai meses que ven denunciando da man dos veciños a problemática creada, e demandando das autoridades competentes unha resolución e as debidas compensacións para os afectados. Demarcación de estradas ten neste periodo unha actuación alomenos neglixente, con tratamentos diferenciados segundo os casos.
Para Esquerda Unida hai razóns dabondo para se mobilizar, e as enumeran as asociacións convocantes:
- Para conquerir un tráfico que sexa respectuoso das sinais da estrada: 40 km/h e camións que non excedan as 16tn.
- Para que a Deputación amañe os danos que causan os camións que transportan clínker e os que levan carbón, danos que afectan ás vivendas, aos peches e a propia estrada.
- Para que non se transporte o clínker e o carbón pola estrada de Valón, segundo os compromisos adquiridos.
- Para que asuman a súa responsabilidade os que aínda non fixeron a estrada ao porto exterior.
- Para conquerir o dereito da veciñanza para vivir e camiñar polas beirarrúas con seguridade.
Ferrol, xoves 4 de decembro de 2008
_______________
http://esquerdaunida-ferrol.blogspot.com/
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon