Un grupo de persoas, na súa maioría xente nova, reflexionou e debatiu nun curso de formación ocupacional para traballadoras e traballadores desempregad@s, sobre a situación do emprego na Comarca e as perspectivas de futuro que se aveciñan. O shock provocado por un incremento tan acelerado do desemprego, deixa ás persoas desempregadas, nunha depresión social sen precedentes. A nosa Comarca e en concreto a nosa cidade -Ferrol- está acostumada a índices elevados na taxa de desemprego. Mais á crise financeira na que estamos inmersos, provocada pola cobiza e a avariza burguesa, pola especulación financieira e a burbulla inmobiliaria, soma-se agora o problema estrutural xa existente, da falta de emprego en Ferrol e a súa contorna. As traballadoras e traballadores en paro, non deben culpabilizar-se da súa situación, pois estamos nun sistema inxusto onde as persoas dependemos para viver dun "empregador". Non hai unha "renda básica", un mínimo contributo universal que nos axude a viver mentres non consigamos un emprego digno. Non hai un emprego público que nos garanta un salario a cambio da prestación dun servizo á comunidade, ... o sistema non escoita, non responde, ... "Salve-se quen poida, din ...." E deixa nas mans dun "empregador", no sistema capitalista case sempre sinónimo de explotador, o que poidas ou non acceder a un posto de traballo.
O grupo de persoas mencionadas con anterioridade, produto da súa reflexión e debate, deciden que debe unir-se e demandar "un traballo digno para tod@s" e unha "renda básica", para quen non teña emprego. Non están dispostas a quedar caladas, por iso decidiron loitar contra a precarización da súa vida, e romper o silencio. Teñen convocada unha concentración na Praza do Concello de Ferrol, diante do Pazo Municipal, para o vindeiro Xoves 30 de Abril, ás 7 da Tarde. É un punto de partida para a constitución dun "Movimento polo Traballo Digno". A convocatoria non é só para persoas en paro, é para toda a cidadanía, para o conxunto da Clase Traballadora, para que podamos exercer a solidariedade obreira, hoxe por min, maña por tí, ...
Hoxe 27 de Abril, Luns, ás 7 da Tarde, para ultimar a convocatoria teñen unha reunión nos locais do Ateneo Ferrolán, non faltes, contribúe, participa, ...
O Colectivo Ártabra 21, decidíu apoiar a mobilización do "Movimento polo Traballo Digno" e as súas xustas demandas.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
luns, abril 27, 2009
Constituido un "Movimento polo Traballo Digno" en Ferrol
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan luns, abril 27, 2009
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon