Asociacion Veciñal Fontelonga
-avvfontelonga@mundo-r.com-
1 de maio de 2009 10:53
Achegámoslles información do estado de execución e a secuencia de realización do Proxecto Naturalista López Seoane que está realizando a Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga" en colaboración coas entidades que se relacionan no documento que achegamos.
Agradecémoslles a difusión desta información.
Ferrol a 30 de abril de 2009.
Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga ".
Asdo/ Xosé Miguel López Pérez, presidente
Marcha do “proxecto López Seoane”.
Participantes: alumnos/as do IES Sofía Casanova e módulo de imaxe do IES Saturnino Montojo. Grupo Experimental do IES Sofía Casanova e Seminario Permanente “Proxecto López Seoane” do IES Sofía Casanova-Saturnino Montojo.
- Meses de decembro-marzo, traballo en aula. Aproximación á figura de López Seoane.
- Mes de abril: inmersión no ambiente de traballo dun naturalista do século XIX.
- Mes de Maio: visita do director dos museos científicos da Coruña –Casa das ciencias ao IES Sofía Casanova (martes 5 de maio).
- Visita á casa das ciencias da Coruña e ao “gabinete do naturalista López Seoane”. Traballo de campo e mostras fotográficas.
- Mes de Maio. Excursión ás fragas do Eume. Traballo de campo e mostras fotográficas.
- Mes de xuño .Exposición videofotográfica feita polos propios alumnos/as .Do 1 ao 15 no aulario acristalado (pecera) do vicerrectorado do campus de Ferrol.Coordenación a cargo do profesor Jesús Barterrechea.
- Mes de xuño. Conferencia do profesor Antoni Domenech, catedrático de Filosofía da ciencias sociais e morais da Universidade de Barcelona. Salón de actos do vicerrectorado do Campus de Ferrol.20.:00 h. “Darwin e as ciencias sociais” presentación académica a cargo do profesor José Luis Tasset da Universidade da Coruña. Presenza do vicerrector e alcalde (acto académico institucional conmemorativo do “ano Darwin”) .
ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Web veciñal
Blog veciñal
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon