O vindeiro, día das Nosas Letras, o domingo 17 de Maio, ás 12 do mediodía, vai ter lugar unha grande mobilización en Compostela. As galegas e galegos estamos chamad@s a manifestar-nos na defensa da língua, diante das anunciadas políticas do goberno da dereita contra a nosa Lingua, a lingua propia da Galiza. Dúas Plataforma con múltiples apoios chaman á cidadanía a manifestar-se nuha marcha que percorrerá as rúas de Compostela desde a Alameda, enchendo a cidade de cor e reivindicación do Galego como lingua nacional, como lingua con dereitos inalienábeis.
A Mesa pola Normalización Lingüística fai un chamamento: "O vindeiro 17 de maio en Santiago de Compostela producirase unha manifestación histórica en defensa da lingua que nos une como galegas e como galegos. Para reivindicarmos o dereito básico a podermos vivir no noso idioma propio, o cal debe ser garantido polos poderes públicos. ..." >> ... [Ler máis]
A Plataforma Galego Sempre Mais fai un chamamento: "O dia 17 de maio é um dia para denunciar nas ruas a única imposiçom lingüística verificável que este país sofre diariamente. E este ano estamos a viver um contexto novo, um contexto cheio de dúvidas e de poucas esperanças para a sobrevivência da língua na Galiza, ... " >> ... [Ler máis]
Quen quera desprazar-se até Compostela en Autobús ten a posibilidade de face-lo apuntando-se nos seguintes telefonos:
Desde Ferrol
690 307 245
ou
981 563 885
Os buses sairán ás 10:00 hras da Praza de Galiza (diante do Teatro Jofre) Parara-se ás 10:45 na gasolineira da AP-9, no Polígono de Vilar do Colo (Fene)
_________________________________
Este Sábado, 9 de Maio, un importante número de persoas participaron nunha concentración e un pasarúas pola cidade de Ferrol, baixo o lema "Polo dereito á escola en Galego" e "O Galego a nosa língua común".
Galería de Diapositivos do Acto:
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Lingua
Na defensa da Lingua Galega: O vindeiro domingo 17 de Maio, ás 12 do mediodía, vai ter lugar unha grande mobilización en Compostela
domingo, maio 10, 2009
Na defensa da Lingua Galega: O vindeiro domingo 17 de Maio, ás 12 do mediodía, vai ter lugar unha grande mobilización en Compostela
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan domingo, maio 10, 2009
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon