luns, marzo 29, 2010

Anuncian a entrada, na Ría de Ferrol, dun novo gaseiro cargado con GNL-LNG para Reganosa: o Comité Cidadán convoca unha acción de denuncia e protesta

Tags



Para este Luns 29 de Marzo de 2010, anuncian a entrada, na Ría de Ferrol, dun novo gaseiro cargado con GNL-LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa. E con este serán 63 os buques cargados -con gas natural licuado- os que arribaron ao peirao de Punta Promontorio, no Concello de Mugardos. Agarda-se ao "LNG Madrid Spirit", un buque de 284.8 m de eslora, 42.5 metros de manga, cun calado en carga de 11,40 metros e unha capacidade de carga de 138.119 m³, construido en 2004. Uha vez máis un irracional e evitábel grande perigo potencial ameza a seguridade e vida das persoas que moramos na contorna da Ría. Por este motivo o Comité Cidadán convoca unha acción de denuncia e protesta, consistente nunha concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García, ás 7 da Tarde do mesmo día 29 de Marzo.



[Foto da Galería de  romarintyp]

Ficha do buque metaneiro

  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!

  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!

  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

______________________________

Información baseada na enviada polo:
comitecidadan@gmail.com
27 de março de 2010 02:43
_______________

1 comentarios so far

Estaremos na concentración
Xose


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon