martes, marzo 30, 2010

Hoxe tampouco entrou o gaseiro esperado, e van 14 (1 de cada 4,5)

Tags



O LNG “Madrid Spírit” tiña programada e autorizada a súa entrada para a pleamar desta tarde, 29 de marzo. Debido ás condicións do vento e estando próximo á Ría de Ferrol tivo que desviarse e continuar navegando cara ao Cantábrico, agardando que na marea de mañá martes poida entrar na Ría.

Dos 63 gaseiros con destino a Reganosa, 14, ou sexa o 22,22 %, ou máis claro: 1 de cada 4,5, non pode efectuar a súa entrada o día previsto, por mor das condicións meteorolóxicas na angosta bocana da Ría.

Isto supón que o buque ha de esperar, 24 ou 48 horas, á próxima marea diúrna en que se dean as condicións de seguridade establecidas.

A unha planta, mal ubicada, perigosa, innecesaria e deficitaria, súmase un importante incremento no custo do transporte, que indubidablemente repercute nos petos dos cidadáns.

Apelamos unha vez máis á responsabilidade das autoridades estatais, autonómicas e locais, para que cesen no seu temerario consentimento e poñan punto final a esta situación de risco permanente e a este malgasto dos caudais públicos, abrindo os gasoductos que manteñen pechados exclusivamente para beneficio dos promotores da Planta de Mugardos.

Planta cuxo déficit – 60 millóns de Euros – correspóndese co déficit do conxunto do Sistema Gasístico Español.

Este Comité mantén a convocatoria de CONCENTRACIÓN para esta tarde as 7, diante do edificio da Xunta (Praza Amada García) no compromiso coa defensa da legalidade, da Ría e da vida dos seus habitantes.

  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Enviado por:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
29 de março de 2010 18:36


Foto de:

Suso Pazos - Susete
-susopazos@yahoo.es-
29 de março de 2010 23:11
http://picasaweb.google.es/reganosa.ferrol
______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon