martes, marzo 30, 2010

Vídeo: O Comité Cidadán denuncia a entrada do 63 buque gaseiro para a ilegal e perigosa Reganosa -29 de Marzo de 2010-

Tags

O 29 de Marzo de 2010, estaba anunciada a entrada, na Ría de Ferrol, dun novo buque gaseiro cargado con GNL-LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa. Con este serían 63 os buques cargados -con gas natural licuado- os que no caso de entrar, arribarían ao peirao de Punta Promontorio. O "LNG Madrid Spirit", era o buque agardado, mais por mor das condicións meteorolóxicas adversas o buque non tivo máis remedio que dar volta e continuar rumbo a mar aberto no Cantábrico, para agardar a que mellore o tempo e poder entrar polo angosto canle da Ría. Mais unha vez, aínda que o buque non puidera entrar, o Comité Cidadán de Emerxencia realizou unha concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García, ás 7 da Tarde do mesmo día 29 de Marzo, para denunciar e protestar contra a entrada do buque e a propia presencia de Reganosa en Mugardos. 14, dun total de 63, son os buques que tiveron que abortar a súa entrada na Ría por causa dos fortes ventos e o temporal reinante no Golfo Ártabro. Un 22,22 % do total dos buques, son unha porcentaxe máis que considerábel que amosa o irracional da localización da planta regasificadora dentro da Ría de Ferrol, só concebível, polo negocio millonario que fan os seus promotores, a consta do diñeiro público, o diñeiro de todas e todos nós.





  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon