venres, abril 23, 2010

Na madrugada do Martes 20 de Abril de 2010, mentras o “LNG Madrid Spirit” descargaba gas para Reganosa, producia-se, apenas a 200 metros, un incendio en "Forestal del Atlántico", no que tiveron que intervir os bombeiros de Ferrol

Tags

O pasado Luns 19 de Abril de 2010, o buque gaseiro “LNG Madrid Spirit”, tivo que adiar a súa entrada na Ría até a marea de pola tarde, dado que á hora de entrada prevista, que era ás 8 da mañá non o puido facer, pois a néboa reinante deitada sobre a Ría no llo permitía, a visibilidade era moi escasa. Unha vez atracado o buque, reunia-se a Coordenación de descarga do buque, segundo o xefe de mantemento de Reganosa, Jesús Losada Maseda que o pasado 14 de Abril, nunha conferencia titulada “Operación dunha planta regasificadora de gas natural licuado” na Escola Universitaria Politécnica de Serantes, dixo manter unha reunión de coordinación na planta -de dúas horas de duración- cada vez que se realiza unha operación de descarga, e que o transvase de gas dura aproximadamente 24 horas.


Por que é importante o dato que mencionamos con anterioridade
?

Pois porque o xornal "La Voz de Galicia" publica na edición local impresa [Na dixital non hai rastro ningún] do 21 de Abril de 2010, nas páxinas só de Ferrol, en concreto na L19, nun "Breve" unha noticia moi importante e interesante que intentaron minimizar todo o que puideron, para que quedara desapercibida. A noticia ocupa uns poucos centímetros. Mais estamos a falar de algo moi importante, nin máis nin menos que dun "Incendio en Forestal del Atlántico", a empresa do "Grupo Tojeiro", socio e promotor de Reganosa que ocupa xunto a esta e outra do mencionado grupo Imegasa, o que se ven chamar para os efectos de Seguridade "Complexo de Punta Promontorio".

Se de por si o incendio en "Forestal del Atlántico" é un asunto grave, non digamos ao producir-se este no momento en que se encontraba descargando o buque gaseiro a escasos douscentos metros, como é o caso.

"La Voz de Galicia" sitúa o incendio fisicamente nun "cuadro eléctrico", e temporalmente arma unha pequena confusión, pois di textualmente: "Pasadas las doce de la noche del pasado lunes", hai que sobreentender que está falado das primeiras horas da madrugada do Martes 20 de Abril de 2010. E a cualificación do accidente é de "pequeno incendio".

A Radio Galega só por unha vez deu conta da noticia, na mañá do día 20 de Abril. Mais a cualificación era de "incendio" e o situaba fisicamente "nos transformadores eléctricos da empresa".


Foi informado do accidente
Carlos García Touriñán ?

Mais quen é Carlos García Touriñán ?

Pois nin máis nin menos que o Xefe de Protección Civil e Bombeiros d'A Coruña,  responsábel do Posto de Mando Avanzado (PMA), centro desde onde se coordinarían as diferentes actuacións “in situ”, en caso de accidente en Reganosa.

Pois seguro que non, pois como Reganosa é outra empresa aínda que estexa xusto ao lado, encostada con Forestal del Atlántico, ...




No complexo petroquímico chamado Forestal do Atlántico S.A. hai almacenados uns 300.000 metros cúbicos de combustíbeis e unha serie de produtos químicos tóxicos e perigosos. Tamén hai instalada unha Planta de Coxeneración Eléctrica [24.800 KW de Potencia] que traballa queimando fuel óleo desde 1999.




Na Galiza hai un total de 28 instalacións afectadas pola normativa europea e estatal que esixen ter un Plan de Emerxencias Exterior, das cales só 10 teñen o nivel superior, mais casualidade que desas 10, 3 conforman o Complexo Petroquímico de Punta Promontorio localizado no concello de Mugardos. Segundo a propia normativa non todas as empresas químicas están afectadas por Plans de Emerxencia Exterior, tan só aquelas que, "en función das sustancias coas que operan, poden xerar risco para o home ou o medio ambiente en caso de accidente". No corazón da Ría temos unha auténtica bomba de reloxería, mesmo xunto a núcleos de poboación onde moramos miles de persoas. A corrupción política e económica son as que posibilitaron tal despropósito. A mobilización social, a concienciación da poboación e a acción xurídica-administrativa, son as que van a posibilitar o seu desmantelamento.

Queremos unha explicación pública xa, do acontecido nesa madrugada do 20 de Abril de 2010.

Queremos unha información veraz do accidente.

Seguiremos informando deste importante asunto.

  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
--
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

_______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon