[Clicar acima da imaxe para entrar na Galería Fotográfica de Suso Pazos -Susete- en Fuco Buxán A.C.]
Miles de persoas secundaron a chamada da Plataforma contra a privatización da Sanidade Pública, baixo o lema "A Saúde non é un negocio - Non á privatización da Sanidade Pública".
A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol -que a integran 44 entidades da comarca-, diante do grave deterioro ao que se está sometendo á Sanidade Pública, á falla de compromiso que con esta Área ten a Xunta de Galicia e ante as medidas privatizadoras do Partido Popular, realizou es Domingo 11 de Abril de 2010 unha manifestación, a cal reflexou na rúa o descontento e o rexeitamento destas medidas por parte da cidadanía da comarca.
Rádio Filispím, a radio libre e comunitaria da Comarca realizou unha reportaxen completa e en directo da mobilización realizada hoxe en Ferrol.
O Colectivo Opaii!, a entidade que promove e manten a radio, realizou unha extensa reportaxen sonora con música entrevistas e conexións en directo.
Documento sonoro de "Rádio Filispím" online:
Fonte: http://artabrix.blip.tv/
Vídeo de Ártabra 21 que se corresponde co momento da leitura do comunicado final da Manifestación, leido por un dos portavoces da Plataforma, Miguel López, presidente da Asociación Veciñal de Esteiro.
Fonte: http://artabrix.blip.tv/
Contra a privatización da Sanidade Pública
Lois Méndez Pérez [*]
11.04.2010
As Iniciativas de Financiamento Privado (PFI) son unha ferramenta para privatizar a Sanidade Pública, poñendo os seus activos e o seu financiamento nas mans do sector privado e os seus accionistas
Con estas ferramentas de privatización increméntanse os custes finais de construción dos hospitais e dos centros de saúde moi por riba dos construídos polo sistema público tradicional
Estes custos tan elevados e progresivos hipotecan os orzamentos, de investimento e de gasto corrente do sistema sanitario público, durante moitos anos e trasladan ás xeracións futuras o pago dos actuais centros. Conleva ceder as empresas á construción do edificio, adquisición do equipamento, mantemento e contratación do persoal non sanitario, ademáis de explotar tódolos servizos (cafetería, aparcamento, subministros, almacén ….), O Sergas pagará un aluguer como inquilino durante máis de 20 anos, o custe final será seis veces superior ao que custaría o hospital de terse construído con financiamento totalmente público. Cando o Sergas, pasados máis de 20 anos, sexa o propietario do hospital ou dos centros de saúde, xa estarán obsoletos e necesitaran grandes investimentos para poñelos en valor. Este modelo de xestión xa fracasou no Reino Unido, Valencia, Madrid, pois deteriora a calidade asistencial, con peor atención ao usuario, ademáis este modelo privado sae máis caro, desviando recursos a favor da empresa privada que só busca beneficios. Para compensar os maiores custes, as infraestruturas son de peor calidade, redúcese o número de camas e de persoal, co que se deteriora a calidade da asistencia sanitaria. A experiencia inglesa demostrou que os maiores custos condicionan problemas de infraestruturas e reducións en camas, persoal e en calidade da asistencia sanitaria:
- Por cada 200 millóns de libras de incremento de custos perdéronse 1.000 postos de traballo, polo que o persoal reduciuse nun 25% desde a posta en marcha da PFI. Perdéronse 13.000 camas entre 1997 e 2001. Estes hospitais teñen unhas listas de espera moi elevadas (en áreas esenciais que pon en perigo a saúde dos pacientes).
- Construtoras deseñan e constrúen.
- Proporcionan e repoñen mobiliario e resto do equipamento básico.
- Xestionan persoal e servizos non sanitarios. As empresas concesionarias son as responsables de:
- Mantemento integral del edificio, Xestión de residuos Seguridade, Lavandería.
- Transporte exterior e interior, desinfectación e Xestión do arquivo de documentación clínica e administrativa.
- Conservación de vías e xardinería, limpeza, esterilización, almacenaxe, distribución é restauración
Estes centros sanitarios teñen un 68% menos camas, 0,95 fronte a 3 camas por mil habitantes dos públicos da comunidade. Teñen externalizada a radioloxía e laboratorio, que quedan fóra dos centros impedindo contacto con profesionais clínicos. Poñen en perigo a confidencialidade dos datos clínicos dos pacientes, que están en poder de empresas privadas. Teñen menos médicas/os por mil habitantes: Centros con xestión privada (PFI) oscilan entre 0,46 e 0,73 por mil habitantes. Centros Públicos entre 1,3 e 2,4 por mil habitantes. Teñen menos persoal de enfermaría por mil habitantes:
Centros con xestión privada (PFI) oscilan entre 1,07 e 2,47 por mil habitantes. Centros Públicos 4,5 por mil habitantes. As fórmulas de financiamento das que se está a falar non son novas nin teñen dous anos de vida, non se orixinan nin son produto da crise, senón que son fórmulas que viron a luz hai máis de dez anos, en plena fase expansiva da economía, e que xa dende o ano 2000 nas comunidades de Valencia e Madrid, gobernadas polo Partido Popular, e en Galicia co goberno Fraga, con Romay Becaría na Consellería de Sanidade e con Alberto Nuñez Feijóo no Sergas liderou no seu día a experimentación sobre novas formas de xestión do sector sanitario, as fundacións: hospital de Verín, Barbanza e Cee (xa restituídas ao Sergas, que constituíron un rotundo fracaso de xestión: economica e asistencial) ou a asignación a un centro privado da atención sanitaria dunha área de poboación (Povisa, aínda en vigor e polo que o Sergas paga un canon anual superior aos 74 millóns de euros). Nesta área sanitaria, a unión do centro de especialidades co hospital A. Marcide (a entrada actual ao hospital: citas) foi financiada pola empresa privada, como contraprestación da explotación do aparcadoiro construido en chan público, por un período de 50 anos.
Consecuencias para os usuarios, cada vez que teñen que acudir a consultas externas, facer probas ou visitar algún familiar, pagan as tarifas máis caras por usar o aparcadoiro de toda a cidade: a necesidade convírtese nun negocio.
As consecuencias da privatización son catastróficas: abandono de valores fundamentais; universalidade, equidade, gratuidade, carácter redistributivo, planificado por necesidades e participativo. Incrementa a irracionalidade e a desigualdade sanitaria (acceso servizos). Aumenta o gasto sanitario sen mellorar resultados.
Os efectos dos orzamentos destinados pola Xunta de Galicia no ano 2010 nesta Área Sanitaria son:
- A falla de orzamento para adicar á alta tecnoloxía: nin un só euro.
- A escasa dotación de 100.000 euros ao plano director.
- Aumento alarmante das listas de espera.
- Aumento de derivacións de usuarios a outras Áreas Sanitarias e a centros privados concertados.
- Conxelación dos cadros de persoal, anulación do plan mellora de atención primaria e redución drástica de contratacións temporais: peor calidade asistencial.
- A construción dos centros de saúde de Ares, A Capela, Cedeira e Narón pola iniciativa privada.
- O nulo investimento na adaptación do Hospital de Defensa, coa conseguinte paralización de novos servizos e a plena utilización desta infraestrutura.
Por todo isto temos que dar a batalla en defensa da Sanidade Pública.
Contra a Privatización da Sanidade Pública, contra o deterioro dun servizo público esencial, contra a perda e precarización dos postos de traballo. Por unha sanidade pública, gratuíta e de calidade.
Hoxe dende o ambulatorio Fontenla Maristany na praza de España, convido a participar a tódolos traballadores e traballadoras da sanidade e a todos/as os/as usuarios/as na manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, porque aínda estamos a tempo de parar esta agresión a un dos pilares básicos do estado de benestar, o que non defendamos agora, no futuro ímolo lamentar, pero daquela xa será demasiado tarde.
[*] Lois Méndez Pérez é membro da Executiva Nacional da Federación da Sanidade da CIG -Cig-Saúde-
__________________
A Manifestación en medios na rede:
Vieiros - Milleiros de persoas piden a dimisión de Farjas - Convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, a manifestación denunciou os “intentos da Xunta de privatizar a sanidade pública”.
A nosa Terra - Publica noticia de Axencia -Milleiros de persoas contra a privatización da sanidade Europa Press . Unhas 10.000 persoas, segundo a organización, e perto de 5.000, de acordo coa Policía Local, manifestáronse este domingo en Ferrol, convocadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, para reclamarlle á Xunta que non converta a saúde nun negocio.
Diario Liberdade - Polo de agora non publicou a noticia [12.04.2010 -11:50]
GalizaLivre - Polo de agora non publicou a noticia [12.04.2010 -11:55]
A Peneira - Polo de agora non publicou a noticia [12.04.2010 -12:05]
GZNación - Polo de agora non publicou a noticia [12.04.2010 -12:15]
MundoGaliza - Polo de agora non publicou a noticia [12.04.2010 -12:20]
Galicia-Hoxe - Milleiros de galegos rexeitan converter a sanidade nun negocio
"A saúde non é un negocio", berro unánime das miles de persoas, 10.000 para a organización e unhas 5.000 segundo a Policía local, que tomaron onte as rúas de Ferrol
____________
Dentro dunhas horas publicaremos unha galería fotográfica de Mel da Asociación Veciñal "O Rosario" d'O Inferniño.
_________________
2 comentarios
Podedes estar absolutamente seguros que en Galiza Nación non van publicar nada da Mobilización de Ferrol
Primeiro Vigo, depois Ferrol e sexta-feira Ponte Vedra sai à rua em defesa da sanidade pública
http://www.diarioliberdade.com/index.php?option=com_content&view=article&id=1872:primeiro-vigo-depois-ferrol-e-sexta-feira-ponte-vedra-sai-a-rua-em-defesa-da-sanidade-publica&catid=20:sanidade&Itemid=50
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon