domingo, marzo 13, 2011

As confrarías de Ferrol, Barallobre e A Coruña fan a presentación dun "Manifesto pola recuperación das rías galegas": Mércores 16 de Marzo en Ferrol


PRESENTACIÓN DO MANIFESTO POLA RECUPERACIÓN DAS RÍAS E DA COSTA GALEGA

As confrarías de Ferrol, Barallobre e A Coruña realizarán a presentación do "Manifesto pola recuperación das rías galegas" o mércores 16 de marzo, ás 20:15 horas, en Ferrol,  no Centro Cívico de Caranza.

As rías galegas e toda a nosa costa en xeral son as que peor calidade microbiolóxica de auga teñen de toda Europa.

A pesar de ser a zona de Europa con maior dependencia económica dos recursos do mar, pesca, marisqueo e actividades ligadas a elas.

A pesar de que a 1 de xaneiro de 2006 tiñan que estar construídas as depuradoras de augas residuais.

Aínda hoxe ningunha ría está libre de zonas C (contaminadas por vertidos de augas fecais). Nestas zonas non se pode extraer marisco para a venta directa.

Hoxe o 41% da ría de Ferrol é zona C, de aquí se extraía o 80% de todo o marisco da ría.

Ademais a isto hai que sumarlle os recheos sen control e as industrias contaminantes no interior das rías ou en zonas sensíbeis.

A xente que traballamos no mar e vivimos del non somos os únicos afectados, todos e todas perdemos, tamén a nosa saúde.

Para recuperar o noso litoral e saúde do noso medio ambiente mariño.

Unha costa recuperada crea mais riqueza e postos de traballo.

Con unha costa recuperada gañamos todos e todas.

Desde as confrarías pensamos que é a sociedade galega a que ten que responder dunha vez. Xa está ben de destruír unha das principais fontes da nosa riqueza natural e económica.

Pedimos o apoio do tecido asociativo galego: asociacións veciñais, culturais, ecoloxistas, empresarias, anpas ...

É cousa de todos, é cousa de todas.

Para calquera consulta dirixirse ao e-mail:
salvarasriasgalegas@gmail.com

Enviado por:
asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
12 de março de 2011 20:04
http://orosario-inferninho.blogspot.com/
________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon