domingo, agosto 14, 2011

O "Cheikh el Mokrani", un buque gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL/LNG anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 15 de Agosto - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, desta vez no Porto

Tags


CONCENTRACIÓN NO PORTO DE FERROL,
NO PEIRAO DE CURUXEIRAS
NO LUGAR ONDE ESTABA A ANTIGA FÁBRICA DE XEO

LUNS 15 DE AGOSTO, ÁS 8 DA TARDE

O "Cheikh el Mokrani", cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa,  ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 15 de Agosto de 2011. Esta entrada, supon xa a 97, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Luns, ás 8 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar no barrio de Ferrol Vello diante da praza onde estaba a antiga fábrica de xeo, no Porto de Ferrol. Nunha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.


Características do buque:
O metaneiro "Cheikh O Mokrani", cunha capacidade de 75.500 m3 de Gas Natural Licuado, ten unha eslora de 220 metros, unha manga de 35, un calado máximo de 10,75 e un desprazamento de 55.200 TM. O gaseiro, considerado de dimensións medias dentro do estándar desta clase de buques, foi construído en 2005. Navega baixo bandeira das Bahamas.
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
13 de agosto de 2011 19:47
---
APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon