martes, novembro 29, 2011

Convocado o Foro Cívico de Ferrol para o 30 de Novembro no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño

CONVOCATORIA FORO CÍVICO - 30 NOVEMBRO-2011

Desde a concellaría de participación cidadá do concello de Ferrol convoca-se o Foro Cívico, para informar da actuación municipal no ámbito de participación cidadá: o desenvolvemento do Regulamento de Participación Cidadá e a posta en marcha do proceso dos Orzamentos Participativos.

Foro Cívico que terá lugar o mércores, 30 de Novembro no Salón de actos do Centro Sociocultural Carvalho Calero, de 19:30 a 21:30 horas.

A Orde do día contempla as seguintes cuestións:
  1. Recepción de persoas asistentes ao Foro. 19,30 h.
  2. O desenvolvemento do Regulamento de Participación Cidadá. 19,40 h.
  3. Situación dos Orzamentos Participativos e presentación do novo modelo. 20,00 h.
  4. Propostas de zonas asemblearias e calendario de traballo. 20.20 h.
  5. Posta en común e debate. 20,30 h.

Comisión Veciñal de Seguimento

comision.gap@gmail.com

www.participacion-ferrol.blogspot.com

Enviado por:
Comision Veciñal
-comision.gap@gmail.com-
28 de novembro de 2011 18:09
________________

2 comentarios

A Comisión Veciñal de Seguimento nunca debeu deixar que se convocara o Foro Cívico o mesmo día que o Plenario da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública. Un Foro Cívico para que se nos informe ? Segundo o Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol, no ponto 1. do Artigo 34 di "Os FOROS CÍVICOS son órganos de reflexión e debate, de formulación de propostas e de control da execución das mesmas cando fosen aprobadas polo Concello". Que se poña en práctica o Regulamento.

Inácio

CONVOCATORIA DO FORO CÍVICO. O goberno local de Ferrol quere deter o transformador modelo de participación ferrolán e desmobilizarnos. O desenvolvemento do Regulamento de Participación Cidadá e a posta en marcha do proceso dos Orzamentos Participativos e traballo de tod@s. Este mércores, o Concello convoca ao Foro Cívico case as agachadas, para debater pilares básicos do noso futuro participativo:
* Implantación da Participación Cidadá a sua inmadurez e os enredos municipais.
* Conxelación e secuestro dos Orzamentos Participativos polo concello.
* Imposición dunha forte división das Asembleas de barrio polo Concelleiro.
Tod@s podemos falar e tod@s temos algo que dicir, ACUDE, PARTICIPA, PÁSALO.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon