martes, novembro 22, 2011

O LNG "Arctic Princess" á deriva frente ao Golfo Ártabro, foi rescatado por remolcadores con base en Ferrol - Pensemos en Reganosa

Tags


O LNG "Arctic Princess" á deriva frente ao Golfo Ártabro, foi rescatado por remolcadores con base en Ferrol

O LNG "Arctic Princess", de bandeira Noruega, rematou-se de construír en xaneiro de 2006 -Nagasaki - Japan, foi o maior navío transportista de LNG/GNL daquel momento. O "Arctic Princess" ten 288 metros de eslora e ten unha capacidade totalmente cargadas de 147.000 metros cúbicos de GNL, con catro característicos tanques esféricos, cada un cun diámetro de 42 metros. Estivo reparando en Navantia e segundo notas de prensa que citan fontes do Centro de Coordinación de Emerxencias da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, saíu a probas. Foi, este Luns 21 de Novembro de 2011, perante ese tempo de probas, cando o Capitan veu que non podía controlar o buque e emiteu o sinal de SOS.

Este é outro suceso de importancia, desta vez foi un incidente sen maiores consecuencias, mais un incidente relacionado cun gaseiro. Cando isto sucede sempre temos que ollar para Reganosa. Xa van 105 gaseiros que entran para descargar e uns 7 que o fan para cargar no novo negocio especulativo da Planta de Gas de Mugardos, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Nota de prensa nun xornal con edición comarcal

A nova noutros medios:

Google-Noticias

Información baseada na enviada por:
susopazos@yahoo.com
-susopazos@yahoo.com-
22 de novembro de 2011 02:28


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon