CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NA PRAZA DO INFERNIÑO
NA PRAZA DO INFERNIÑO
ÁS 7 DA TARDE, DO MARTES 22 DE NOVEMBRO
O LNG "Barcelona Knutsen", un buque gaseiro de grande porte e moito calado, con 290 metros de eslora por 45,8 de manga e un calado de 12,90 m, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Martes 22 de Novembro de 2011. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 105, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.
Outra ilegalidade
A súa capacidade de 173.400 m3, excede en moito da capacidade contemplada nas "Normas de Seguridade da Capitanía Marítima para a entrada, atraque, desatraque e saída de grandes buques gaseiros", para permitir a súa entrada na Ría que considera só buques con capacidades inferiores a 140.000 m3.
E outra ilegalidade máis
Por outra banda o citado buque non é compatible coa terminal de Mugardos -Reganosa- segundo a relación actualizada -20.09.2011- e detallada do Xestor Técnico do Sistema Gasista -RELACIÓN DE BUQUES METANEROS COMPATIBLES COAS TERMINAIS DE REGASIFICACIÓN-.
Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Martes, ás 7 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar na Praza do Inferniño, no bairro ferrolá do mesmo nome. Nunha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.
Características do buque:
Nome.- Barcelona Knutsen, Bandeira.- España, Ano Construción.- 2010, Eslora.- 290 m, Manga.- 45. 8 m, Calado.- 12.90 m, Capacidade.- 173.400 m3.
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
21 de novembro de 2011 12:51
---Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:
APOIO ECONÓMICO
O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade
CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995
______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon