"
Desde Setembro de 2008 o xuíz Baltasar Garzón estaba solicitando información do Goberno, a Conferencia Episcopal e varios concellos co fin de elaborar un censo de fusilados, desaparecidos e enterrados en fosas comúns a partir da vitoria franquista na Guerra Civil Española. O 16 de Outubro do 2008, Garzón emite o primeiro auto xustificando a súa intención de investigar as desaparicións rexistradas durante a Guerra Civil e os primeiros anos da ditadura de Francisco Franco, e instruíu a apertura de 19 fosas comúns diseminadas en todo o país, entre elas na que se supón atopa-se enterrado o poeta Federico García Lorca." [
1]
O
Tribunal Supremo considerou procedente un pedido de organizacións de fascistas e da ultradereita española:
Manos Limpias -
presidida por Miguel Bernard, ex dirigente de Fuerza Nueva- e
Falange Española de las JONS, todo aplaudido polo
Partido Popular, para que o xuíz
Baltasar Garzón sexa xulgado por facer unha investigacción sobre a
Guerra Civil Española e os crimes do franquismo. Acusa-se-lle de prevaricación, delito segundo o cal un funcionário público conscientemente toma unha decisción ilegal. No caso de ser xulgado,
Garzón pode ser condenado con suspensión das súas funcións por varios anos, colocando-o deste xeito fóra da xudicatura e da
Audiencia Nacional onde exerce como titular dun dos xulgados centrais de instrucción.
Desde certas posicións de esquerdas [
2] e moi difícil defender -
e non se defende- a
Baltasar Garzón, como persoa e como xuíz, dado a manga ancha que se lle deu por parte de dereitas e "
esquerdas" na persecución da esquerda basca baixo o falso axioma de que todo era "terrorismo" e outras dudosas actuacións en diferentes intruccións. É por iso que non se trata de defender a
Garzón e as súas instruccións na AN, senón polo agravio e a "
vergoña histórica" ao permitir o xulgamento contra o magistrado, por non querer deixar impunes os crimes da Ditadura Franquista (1939-1975), que tentou investigar ao considerá-los de lesa-humanidade.
O argumentario contra a instrucción de
Garzón, é que ele sabía que eses crimes estaban amnistiados por unha Lei estatal de 1977, portanto non podería xulgá-los, pois din que hai fundamentos xurídicos para que no se poida iniciar un proceso contra os crimes da dictadura. Mesmo desde as vocerías do
Partido Popular, consideran prevaricación a citada instrucción de
Garzón.
María Dolores de Cospedal,
Secretaria Xeral do PP, deita máis leña no lume apoiando o xulgamento de Garzón e anda contenta porque o procesamento de
Garzón e o efecto mediático que desencadea, tapa o
Caso Gürtel que o mesmo xuíz iniciou. Un escándalo de corrupción nas entrañas do propio
Partido Popular que co diñeiro público, de tod@s nós, enriqueceron-se os propios dirixentes e se pagaron campañas electorais e "
merendas" por to o Estado.
Desde as asociacións da recuperación da memoria histórica e de vítimas da represión da ditadura franquista, demandan unha mobilización social contra o intento do xulgamento do xuíz por instruir un proceso contra os crimes do franquismo, varios sindicatos e organizacións da esquerda social acudiron ao chamado destas organizacións. A Ártabra 21, onte, chegaron por varias vías [
Asociación Veciñal de Esteiro e Fuco Buxán A.C.] unha nota dunha
reunión en réxime de autoconvocatoria, para celebra-se este
Xoves 15 de Abril, ás 7 da Tarde, nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro, na rúa Fernando VI, Bloque I baixo,
para falar dos actos que se van organizar en todo o Estado Español o día 24 de abril e da súa concreción en Ferrol.
[
1]
Wikipedia
[
2]Para coñecer unha postura desde outra esquerda: Interesante artigo de
M. Urkijo,
D. Paredes,
L. Garcia e
S. Santaquiteria, pertencentes a asociación
Ahaztuak 1936-1977 - Ante o enjuiciamiento do xuíz Baltasar Garzón - É sumamente rechamante ver como personalidades e personaxes da máis diversa adscrición, partidos, sindicatos e asociacións, dos cales moitos foron promotores e sostenedores desde 1977 deste modelo de impunidade, préstanse agora a mobilizarse e convócannos a facelo, pero non contra o modelo no seu conxunto e contra todo o que este significa, senón exclusivamente en defensa do xuíz Garzón ... [
Máis en Kaos na Rede].
______________________