Amosando publicacións coa etiqueta Asociacion Veciñal de Esteiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Asociacion Veciñal de Esteiro. Amosar todas as publicacións

mércores, maio 05, 2010

Novo Ciclo de Cine en Esteiro cada xoves de Maio de 2010: "Guerra contra a guerra"

Novo Ciclo de Cine en Esteiro

Achegámos díptico do novo Ciclo de Cine en Esteiro que comezará este xoves 6 de maio e se celebrará cada xoves de maio nos Cines Duplex de Esteiro ás 20:30 horas con entrada de balde.

Este ciclo se enmarca nas actividades culturais que a Asociacíón Veciñal de Esteiro vimos celebrando ó longo do ano. Neste caso se trata dun ciclo antibelicista que denominamos "Guerra contra a guerra"

Agradecemoslles a asistencia e a difusión do acto.

Ferrol 4 de maio de 2010.

Asdo/ Xosé Miguel López, presidente



[Clicar acima do díptico para ampliar]

Enviado por:
Asociacion Veciñal de Esteiro
-avvfontelonga@mundo-r.com-
4 de maio de 2010 19:13
_______________

xoves, abril 15, 2010

Reunión en réxime de autoconvocatoria, este Xoves 15 de Abril, para preparar unha mobilización contra o xulgamento do xuíz Garzón


"Desde Setembro de 2008 o xuíz Baltasar Garzón estaba solicitando información do Goberno, a Conferencia Episcopal e varios concellos co fin de elaborar un censo de fusilados, desaparecidos e enterrados en fosas comúns a partir da vitoria franquista na Guerra Civil Española. O 16 de Outubro do 2008, Garzón emite o primeiro auto xustificando a súa intención de investigar as desaparicións rexistradas durante a Guerra Civil e os primeiros anos da ditadura de Francisco Franco, e instruíu a apertura de 19 fosas comúns diseminadas en todo o país, entre elas na que se supón atopa-se enterrado o poeta Federico García Lorca." [1]

O Tribunal Supremo considerou procedente un pedido de organizacións de fascistas e da ultradereita española: Manos Limpias -presidida por Miguel Bernard, ex dirigente de Fuerza Nueva- e Falange Española de las JONS, todo aplaudido polo Partido Popular, para que o xuíz Baltasar Garzón sexa xulgado por facer unha investigacción sobre a Guerra Civil Española e os crimes do franquismo. Acusa-se-lle de prevaricación, delito segundo o cal un funcionário público conscientemente toma unha decisción ilegal. No caso de ser xulgado, Garzón pode ser condenado con suspensión das súas funcións por varios anos, colocando-o deste xeito fóra da xudicatura e da Audiencia Nacional onde exerce como titular dun dos xulgados centrais de instrucción.

Desde certas posicións de esquerdas [2] e moi difícil defender -e non se defende- a Baltasar Garzón, como persoa e como xuíz, dado a manga ancha que se lle deu por parte de dereitas e "esquerdas" na persecución da esquerda basca baixo o falso axioma de que todo era "terrorismo" e outras dudosas actuacións en diferentes intruccións. É por iso que non se trata de defender a Garzón e as súas instruccións na AN, senón polo agravio e a "vergoña histórica" ao permitir o xulgamento contra o magistrado, por non querer deixar impunes os crimes da Ditadura Franquista (1939-1975), que tentou investigar ao considerá-los de lesa-humanidade.

O argumentario contra a instrucción de Garzón, é que ele sabía que eses crimes estaban amnistiados por unha Lei estatal de 1977, portanto non podería xulgá-los, pois din que hai fundamentos xurídicos para que no se poida iniciar un proceso contra os crimes da dictadura. Mesmo desde as vocerías do Partido Popular, consideran prevaricación a citada instrucción de Garzón. María Dolores de Cospedal, Secretaria Xeral do PP, deita máis leña no lume apoiando o xulgamento de Garzón e anda contenta porque o procesamento de Garzón e o efecto mediático que desencadea, tapa o Caso Gürtel que o mesmo xuíz iniciou. Un escándalo de corrupción nas entrañas do propio Partido Popular que co diñeiro público, de tod@s nós, enriqueceron-se os propios dirixentes e se pagaron campañas electorais e "merendas" por to o Estado.

Desde as asociacións da recuperación da memoria histórica e de vítimas da represión da ditadura franquista, demandan unha mobilización social contra o intento do xulgamento do xuíz por instruir un proceso contra os crimes do franquismo, varios sindicatos e organizacións da esquerda social acudiron ao chamado destas organizacións. A Ártabra 21, onte, chegaron por varias vías [Asociación Veciñal de Esteiro e Fuco Buxán A.C.] unha nota dunha reunión en réxime de autoconvocatoria, para celebra-se este Xoves 15 de Abril, ás 7 da Tarde, nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro, na rúa Fernando VI, Bloque I baixo, para falar dos actos que se van organizar en todo o Estado Español o día 24 de abril e da súa concreción en Ferrol.

[1] Wikipedia
[2]Para coñecer unha postura desde outra esquerda: Interesante artigo de M. Urkijo, D. Paredes, L. Garcia e S. Santaquiteria, pertencentes a asociación Ahaztuak 1936-1977 - Ante o enjuiciamiento do xuíz Baltasar Garzón - É sumamente rechamante ver como personalidades e personaxes da máis diversa adscrición, partidos, sindicatos e asociacións, dos cales moitos foron promotores e sostenedores desde 1977 deste modelo de impunidade, préstanse agora a mobilizarse e convócannos a facelo, pero non contra o modelo no seu conxunto e contra todo o que este significa, senón exclusivamente en defensa do xuíz Garzón ... [Máis en Kaos na Rede].

______________________

sábado, febreiro 27, 2010

A Asociación Veciñal de Esteiro organiza un "Ciclo de Mulleres", dentro do Programa "Cine Esteiro 2010"

A proxección de filmes, o cine, forma parte da actividade social e cultural da Asociación Veciñal de Esteiro. Desde hai un tempo esta asociación ven programando interesantes ciclos de cine no barrio. En colaboración coa Sala Cines Dúplex e o apoio da Deputación Provincial, organiza un "Ciclo de mulleres" dentro da programación xeral "Cine Esteiro 2010". Todas as proxección será ás 8 da tarde e a entrada de balde, os Xoves 4, 11, 18 e 25 deste mes de Marzo.






Información baseada na enviada pola:
Asociacion Veciñal de Esteiro
-avvfontelonga@mundo-r.com-
26 de fevereiro de 2010 17:55
___________________

luns, febreiro 01, 2010

Constitúen unha Plataforma a Prol da Universidade para demandar a desafectación das propiedades e instalación que o Ministerio de Defensa ten en Esteiro


A Asociación Veciñal de Esteiro queremos promover a creación dunha Plataforma a Prol da Universidade para demandar a desafectación das propiedades e instalación que o Ministerio de Defensa ten en Esteiro: Cuartel de Dolores, a Residencia de Oficiais, a Residencia do Coronel do Tercio e a parcela do antigo INVIFAS, para dedicalas a usos universitarios.

E a nosa intención convocar ó longo do mes de febreiro a tódalas entidades de calquera tipo que queiran posibilitar o que a Universidade en Ferrol poida cumprir coas demandas do Plan Bolonia e mesmo conseguir máis titulacións, a unha xuntanza, en réxime de autoconvocatoria, para constituir unha Plataforma a prol da Universidade



Campaña a prol da Universidade

A Asociación Veciñal de Esteiro, imos iniciar unha campaña a prol da Universidade e na defensa das necesidades de crecemento que o Campus de Esteiro necesita para adaptarse ó Plan Bolonia.

O Plan Bolonia, esixe de espazos conxuntos para aulas, laboratorios, talleres, departamentos. En xeral unha Universidade unitaria e unificada.

Hai unha marxe de catro anos, como máximo para que Ferrol se adapte ó Plan Bolonia.

Mesmo o Vicerrector de Infraestructuras manifesta a necesidade de máis espazo no entorno de Esteiro.

A nosa entidade, desde sempre, ven defendendo á Universidade e mesmo fixemos unha campaña a prol da Residencia Universitaria Pública, que finalmente se fará en Sánchez Aguilera.

Sempre defendemos que era preciso desafectar o Cuartel de Dolores a Residencia do Coronel do Tercio e a Residencia de Oficiais de diante da Casa do Patín para destinala a usos universitarios. Tamén a parcela do antigo Invifas na Avenida de Esteiro

Agora, e o momento de posibilitar que a segunda empresa da cidade, a Universidade, poida seguir medrando, adaptándose ó Plan Bolonia e mesmo creando novas titulacións relacionadas coas enxeñerías.

Queremos promover a creación dunha plataforma con tódalas entidades do Barrio de Esteiro e con todo o tecido asociativo da cidade, sindicatos, partidos, colexios profesionais etc, que teña como obxectivo as desafectación desas instalacións: Cuartel de Dolores, Residencia de Oficiais, Residencia do Coronel do Tercio e parcela do Invifas, para crear novos espazos da Universidade, máis zonas verdes, de ocio e deportivas o que permitiría integrar no barrio o Conxunto Monumental de Fontelonga e facer unha importante actuación sobre todo o Cadro de Esteiro.

Ferrol a 30 de xaneiro de 2010

Enviado por:
Asociacion Veciñal de Esteiro
-avvfontelonga@mundo-r.com-
30 de janeiro de 2010 12:31
______________________

martes, decembro 08, 2009

Dentro do III Ciclo de Cine: Charles Chaplin, proxectara-se en Esteiro este Xoves, 10 de Decembro, o filme "Monsieur Verdoux"

III Ciclo de Cine en Esteiro

A Asociación Veciñal de Esteiro, debido ó éxito de público no III Ciclo de Cine que vimos dedicando a Charles Chaplin, ciclo no que inicialmente se proxectaron: A Quimera do Ouro, Luces da cidade, Tempos Modernos e O Gran Dictador, faremos o vindeiro xoves unha quinta proxección tamén de Chaplin: "Monsieur Verdoux". Será como sempre o xoves día 10 de decembro ás 20 horas nos cines Duplex de Esteiro.

Asociación Veciñal de Esteiro.

III Ciclo de Cine: Charles Chaplin.

Xoves día 10 de decembro ás 20 horas.

Cines Duplex.

Entrada de balde.


TITULO ORIXINAL: Monsieur Verdoux
AÑO: 1947
DURACIÓN: 123 min.
PAÍS: Estados Unidos
DIRECTOR: Charles Chaplin
GUIÓN: Charles Chaplin
MÚSICA: Charles Chaplin
FOTOGRAFÍA: Rollie Totheroh, Curt Courant, Wallace Chewing (B&W)
REPARTO: Charles Chaplin, Martha Raye, Marilyn Nash, Isobel Elsom, Robert Lewis, Mady Correll, Allison Rodell
PRODUCTORA: United Artists

Sinopse:

Os negocios de Henri Verdoux fanlle viaxar moito. Estes consisten, invariablemente, en cortexar e gañarse a confianza xunto cos datos bancarios- de vellas solteironas adiñeiradas para entón asasinalas pasando sen perda de tempo, a outra infeliz vítima.

Charles Chaplin deu un xiro total con respecto ás comedias alegres e sentimentais que lle caracterizaban, cando rodou esta sublime comedia negra na cal nárrase a historia dun home que secretamente utiliza o asasinato como medio para poder manter á súa adorada esposa inválida e ao fillo de ambos. Hai moi pouco do inmortal Charlot en Henri Verdoux e, con todo, o quisquilloso dandi non está desprovisto de comicidade. Unha das secuencias máis divertidas de Monsieur Verdoux constitúena os intentos -sempre frustrados- de Chaplin para asasinar á estridente Annabella interpretada por Martha Raie. Cando se estreou esta atípica película de Chaplin, o mundo non estaba preparado para contemplar a morte cara a cara e saír do cine sorrindo. Hoxe en día, con todo, Monsieur Verdoux, está considerada como unha comedia xenial e figura entre os mellores traballos de Chaplin.

Enviado por:
Asociacion Veciñal de Esteiro
-avvfontelonga@mundo-r.com-
8 de dezembro de 2009 11:24

________________________________