Amosando publicacións coa etiqueta Contra os abusos bancarios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contra os abusos bancarios. Amosar todas as publicacións

luns, febreiro 06, 2012

Porqué as Caixas están en quebra? - Que pasou cos caraduras dos directivos? - Que van facer agora coas caixas públicas? - Por qué vender as caixas aos bancos? - Que consecuencias ten a desaparición das caixas de aforro? - Os abusos da banca e caixas de aforro - Mobilizate este Xoves 9 de Febreiro



POR QUE AS CAIXAS ESTÁN EN QUEBRA?

• Abandonaron a súa histórica dedicación á vivenda de protección oficial para meterse na especulación en bolsa e urbanística.

• Os seus directivos esquecéronse que eran empregados e administradores dos cartos doutros e comportáronse coma propietarios ricos e déspotas; retribucións millonarias, contratos blindados, fondos de pensións milmillonarios, concesión de préstamos privilexiados a familiares, amigos ou a eles mesmos…

• O Banco de España, en lugar de supervisar ás Caixas, como é a súa obriga, dedicouse a outros asuntos que non lle competen, como dar consellos sobre como abaratar o despido.

QUE PASOU COS CARADURAS DOS DIRECTIVOS?

Tras afundir as Caixas nas que estaban depositados a meirande parte dos aforros dos galegos, fóronse tranquilamente para as súas casas con indemnizacións millonarias pagadas por todos nós:

• JOSÉ LUÍS MÉNDEZ:
Exdirector xeral de Caixa Galicia. Recibiu 15.000.000 €, o equivalente a contratar 441 profesores durante un ano.

• JOSÉ LUIS PEGO:
Exdirector xeral de Caixanova. Recibiu 10.800.000 €, o equivalente a contratar 240 médicos durante un ano.

• GREGORIO GORRIARÁN:
Expresidente dos consellos de administración de NCG División Grupo Inmobiliario, S.L. e de Financeira Inmobiliaria Proinova, S.L. Recibiu 7.500.000 €, o equivalente a contratar 220 enfermeiras durante un ano.

• JAVIER G. PAREDES:
Exdirector xeral adxunto de Novacaixagalicia. Recibiría 3.500.000 €, o equivalente ao que cobran 430 pensionistas galegos ao longo dun ano.

QUE VAN FACER AGORA COAS CAIXAS PÚBLICAS?

En tempos de bonanza, os bancos concederon créditos de forma irresponsable e cando se fixo patente que gran parte deses créditos non serían devoltos, estalou a crise; os bancos tiñan falta de liquidez.

Debido a iso, a banca privada quere apropiarse dos aforros depositados nas caixas públicas (máis do 50% do total do sistema financeiro español). Pero como os banco non teñen cartos, non queren pagar moito polas caixas, nin tampouco se queren facer cargo de entidades que non teñan as súas contas saneadas. Aquí intervén papá Estado.

Inicialmente, Novacaixagalicia Banco, valía 1.714 millóns de euros, pero tralo rescate do Estado a través do FROB, os axustes contables e a nova valorización feita polo Banco de España, o seu valor viuse reducido a 181 millóns, un 90% menos do valor inicial.

Así, o Estado pasa a ser o máximo accionista deste banco (xa non é unha caixa). Un Estado que tampouco ten cartos, polo que non tardará en vender cun desconto do 90%, este banco nacido dos aforros galegos e cuxas contas foron saneadas con cartos públicos.

POR QUE VENDER AS CAIXAS AOS BANCOS?

Coa crise, sacáronse a relucir os problemas das caixas, para argumentar que son ineficientes e privatizalas. Isto responde ao dogma neoliberal de que o privado sempre é mellor e máis competitivo que o público.

Pero… se foi a banca privada a que causou coas súas prácticas a crise. É competitiva unha banca privada que ten que ser rescatada periodicamente polos cidadáns? A iso chamádeslle eficiencia?

Por que non se rescatan as caixas para que pasen a formar parte dunha banca pública que conceda crédito aos autónomos e ás pequenas e medianas empresas?

QUE CONSECUENCIAS TEN A DESAPARICIÓN DAS CAIXAS DE AFORRO?

• A destrución de miles de postos de traballo.
• A práctica desaparición da Obra Social.
• Peores condicións para a concesión de pequenos créditos.
• Maior risco para os nosos aforros en crises futuras.

OS ABUSOS DA BANCA E CAIXAS DE AFORRO

- Son insaciables e usureiros
- Comprobe a súa cartilla de aforros
- Descontáronlle 15 euros semestrais por mantemento
- 2 euros mensuais por contas inferiores a 2000 euros
- 0,20 euros a partir do sexto recibo domiciliado

Por manter un diñeiro que é seu co que fan suculentos negocios, en lugar de pagarlle cóbranlle.

En definitiva un roubo sumado a outras prácticas bancarias, co permiso do Banco de España.

Si vos sentides estafados pola actuación dos Bancos e Caixas de Aforro

ACODE Á MOBILIZACIÓN!

XOVES 9 DE FEBREIRO, ÁS 17:30 H. CONCENTRACIÓN
DIANTE A CAIXA DE AFORROS NA RÚA GALIANO DE FERROL

CONVOCA:
PLATAFORMA POLO AFORRO PÚBLICO

MÁIS INFORMACIÓN EN:
- www.aforropublico.wordpress.com
- www.facebook.com/indignateponte
- www.twiter.com/indignateponte
- www.indignatepontevedra.wordpress.com


Folleto completo e para imprimir en:

MOI INTERESANTE FOLLETO INFORMATIVO

Enviado por:
mesas converxencia galicia
-mesasdeconverxenciaferrolterra@gmail.com-
6 de fevereiro de 2012 18:39
__________________

sábado, febreiro 04, 2012

Relatorio contra o expolio das caixas de aforro, feito polo Grupo de Traballo de Economia Sol - Carlos Sánchez Mato - Vídeo

Interesantes vídeos que nos envían desde a #Acampadasol. Son dúas das sesións realizadas nun dos foros de Sol organizados polo grupo de traballo de economía, o pasado 28 de Xaneiro de 2012 en Madrid. Un é sobre a lectura dun manifesto por unha banca pública e outro é dun relatorio sobre o expolio das caixas de aforros, exposta por Carlos Sánchez Mato. Aínda non publicaron o relatorio de Daniel Vila, no momento no que o envíen publicarémolo.

Salvar aos bancos custou máis de dous billóns de euros en axudas directas e tres billóns inxectados polos bancos centrais mundiais.

No conxunto deo estado 128.561 millóns de euros.

A primeira medida deste goberno foi conceder 100.000 millóns en avais aos bancos.

Para iso si hai diñeiro. E agora, nun escandaloso expolio, regálanlles as Caixas de Aforro.

Por iso, o sábado 28 de xaneiro, o Grupo de Traballo de Economía-Sol organizou na Porta do Sol un foro de debate co seguinte tema:

"Contra o expolio das Caixas de Aforro. Por unha banca pública".

Lectura do Manifesto por unha banca pública


http://youtu.be/FLLJek5HAg4


Expolio caixas de aforro. Foro economia: C. Sánchez Mato


http://youtu.be/lkBCTkx1OOY


Expolio caixas de aforro. Foro economia: C. Sánchez Mato. 28 Xaneiro

Canale Audiovisol

Madrid, 28 de Xaneiro de 2012
________________________

sábado, outubro 29, 2011

Significativa denuncia e protesta contra os abusos da banca ante as oficinas de Nova Galicia Banca -Caixa Galicia- de Caranza


O Venres 28 de Outubro, membros das Mesas de Converxencia e Acción:  Rede de Converxencia Social "Praza Pública" de Ferrol, e varios cidadáns, concentráronse diante da sucursal de NovaGaliciaBanca -Caixa Galicia- en Caranza, para facer pública denuncia das condicións abusivas aplicadas a cidadanía polas Entidades Financeiras.


Entidades que especulan co noso diñeiro, se sanean cos cartos públicos, chantaxean ao goberno e reparten entre as súas cúpulas directivas escandalosas e millonarias indemnizacións como premio a unha nefasta xestión.

Blogue:
http://rededeconverxenciasocial.blogspot.com/

Correo de Contacto:
mesasdeconverxenciaferrolterra@gmail.com

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
28 de outubro de 2011 15:54

Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com

_______________