Amosando publicacións coa etiqueta Estudantes Sen Futuro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Estudantes Sen Futuro. Amosar todas as publicacións

mércores, marzo 28, 2012

Razóns do estudantado para a Folga Xeral! - #29M - Estudantes sen Futuro - Un estupendo vídeo


http://youtu.be/RzTksWI5__w


As políticas antisociais do goberno, tales como os recortes sociais ou a reforma laboral, non só constitúen un dos ataques máis directos e brutais cara os dereitos dos traballadores e traballadoras na historia da nosa democracia, se non que son tamén un golpe claro cara o futuro do estudantado e da mocidade en xeral.

Por unha banda, limitouse e dificultouse o accesos aos estudos superiores mediante a implantación da Estratexia Universidade 2015, un paso máis no Proceso de Boloña e a elitización do ensino que se manifesta principalmente na suba desmesurada das taxas universitarias e que se atopa intimamente ligado coas contraproducentes reformas nas probas de acceso á Universidade.

Por outro lado, no ámbito das ensinanzas medias atopámonos coa posible reforma do bacharelato e os continuos recortes presupostarios, entre outras moitas medidas antisociais que teñen como única finalidade a precarización e posterior privatización do ensino público.

Ademáis, a nova reforma, lonxe de buscar unha solución aos graves problemas que presenta para a xuventude o mercado laboral actual, aumenta a precarización e incertidumbre do noso porvir, elevando as taxas do paro xuvenil ata o 43.5%. Queremos unha formación de calidade, enfocada a unha realidade laboral xusta e igualitaria.

Sobran as razóns para saír a rúa o vindeiro xoves 29 de marzo, e berrar ben alto que cos nosos dereitos non se xoga. Paremos as aulas e fagamos da Folga Xeral un éxito tamén no ámbito educativo. O noso futuro é o futuro da sociedade, unámonos e loitemos para defendelo!

O 29M o noso futuro non se defende nas aulas nin na casa, deféndese nas rúas!

Música:
Tortoise - Monument six one thousand
Tylympi Kohtalo - Lumient

Canle de Estudantes Sen Futuro

estudantessenfuturo@gmail.com

Enviado por EstudantesSenFuturo em 21/03/2012
_______________