Amosando publicacións coa etiqueta Folga Xeral 1N2012. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Folga Xeral 1N2012. Amosar todas as publicacións

luns, outubro 29, 2012

A CIG ratifica a convocatoria de folga xeral para o 14-N


O Consello Confederal da CIG ratificou este venres a convocatoria de folga xeral para o vindeiro 14 de novembro, cadrando no calendario coa data acordada para o paro en todo o Estado por parte de CCOO e UGT e tamén "noutros países da periferia europea, como Portugal". Malia ao "estado xeralizado de decepción ante a revalidación da maioría absoluta" por parte do PP nas eleccións do 21 de outubro o secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo, chama a manter a "contestación social aos recortes".

"Os apoios que ten o PP andan arredor do 25% da poboación galega, non poden facer o que lles dea a gana", di Suso Seixo.

"Os apoios que ten o PP andan arredor do 25% da poboación galega" e, polo tanto, di, os conservadores "non poden facer o que lles dea a gana". A partir desta premisa, Seixo admite que o sindicato "aspiraba a que o PP perdese a maioría absoluta", dado que "o único que está facendo é servir de correa de transmisión do que marca o BCE" e agora, lamenta, "vaino seguir facendo con dramáticas consecuencias para o noso país", tales como o "deterioro do noso tecido produtivo, da rede de servizos sociais e mesmo a marcha de mozas e mozos cunha formación profesional e académica importante que tiñan que estar achegando todo o seu coñecemento ao desenvolvemento económico e social do país".

Neste contexto o líder da CIG explica que dende a central sindical galega "eramos partidarios" de que a folga xeral "fose xa no mes de setembro, coincidindo coa que se convocaba en Euskadi" para así "responder ás medidas adoptadas polo goberno durante os meses de verán", "recortes de dereitos moi duros que nos están levando a unhas condicións de empobrecemento da poboación" que, ao seu xuízo, resultan "intolerábeis". "A CCOO e a UGT non lles parecía a data máis adecuada" e a CIG, di, "acordou agardar". "Consideramos que a resposta tiña que ser o máis masiva posíbel, porque cantas máis organizacións sindicais participen na convocatoria, máis posibilidades temos de que a participación sexa máis importante", evidencia.


http://youtu.be/KsXujm_6LaM
Fonte: praza.com/
_________________