Amosando publicacións coa etiqueta Karlotti Valle. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Karlotti Valle. Amosar todas as publicacións

xoves, marzo 15, 2012

'O lugar das grúas en extinción'... Por Karlotti Valle


Por Karlotti Valle [*]
14.03.2012

Cando cheguein a Ferrol chameino 'O lugar das grúas en extinción', come se fosen aves a piques de desaparecer. Souben desde a reconversión industrial que isto era unha catástrofe. Ninguén fala do que levou a tomar medidas tan crueis. Inxustas.

Se que sempre estivo AÍ, detrás, nas cociñas turbias da Unión Europea, no que foi 'O CLUB DE ROMA', un proxecto xamais consensuado con os cidadáns, así nos chaman, e trátannos como súbditos, un mapa do que ía a ser esta Europa de mercadores. Nese bosquexo Alemaña quedaba como territorio da industria pesada, da gran produción industrial, Francia asegurábase a parte do seu tecido industrial, A AGRICULTURA, así os demais coas súas cousas. Para España xa quedaba perfectamente trazado un plan económico que contemplaba como prioritario, até como único, un armazón turístico ligado á CONSTRUCIÓN. e así foi até os nosos días. Ese plan determinou a esencia da nosa estrutura económica, condenounos a ser durante moitos anos un país 'DE ALBANEIS E CAMAREIROS', hoxe en PARO por moito tempo.


Os estaleiros para Ferrol son importantes, xamais terían que sufrir a mutilación á que se viron sometidos. Alemaña, e non só ela, impuxeron o peche dos mesmos, sendo eles os que detentarían en exclusiva a construción de barcos e todo o relacionado co mar e o transporte marítimo. Saberemos algún día as cápsulas secretas ao redor deste asunto?


cando cheguein a Ferrol chameino O lugar das...
Karlotti Valle 14 de Março de 2012 20:00

[*] Karlotti Valle.

http://www.karlotti.com/

________