Amosando publicacións coa etiqueta Kharma Nirvana. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Kharma Nirvana. Amosar todas as publicacións

luns, xullo 13, 2015

“Os asasinatos da honra son unha verdadeira vergoña! Basta xa de matar mulleres en nome da cultura!” - Chamada á acción 14 de xullo en lembranza das vítimas do matrimonio forzado e a violencia baseada na honra


Chamada á acción 14 de xullo


"Día de lembranza das vítimas do matrimonio forzado e a violencia baseada na honra"

O 14 de xullo marca o aniversario de Shafilea Ahmed, quen perdeu a súa vida en 2003 con apenas 17 anos. Tras sufrir durante anos violencia por motivos de honra, incluída unha tentativa de matrimonio forzado, os pais de Shafilea asfixiárona ata matala diante dos seus irmáns. Intentaron forzar á nena a aceptar un matrimonio concertado e tiñan medo de que a súa negación atraese vergoña sobre a súa familia. Desgraciadamente, Shafilea non era a única.

Calcúlase que ao redor de 5.000 mulleres de todo o mundo son asasinadas cada ano por traer vergoña ás súas familias, aínda que se cre que a cifra real é moito máis elevada, xa que moitas simplemente "desaparecen" debido aos códigos de honra das súas comunidades. Ao mesmo tempo, unhas 64.000 mozas serán forzadas a casar antes de cumprir 18 anos.

Pedímosvos que vos unades a Marcha Mundial das Mulleres no seu apoio á asociación Kharma Nirvana que da apoio ás vítimas e superviventes dos matrimonios forzados e a violencia baseada na honra, para conseguir que esta loita sexa global. Podedes axudarnos implicándovos na concienciación acerca dos matrimonios forzados e a violencia baseada na honra, o martes día 14.

Pedímosvos que fagades un minuto de ruido (literal), que o grabedes e que o subades a Youtube, Facebook ou Tweeter. Queremos que o martes 14 as redes sociais se enchan de mensaxes reclamando o fin dos matrimonios forzados e a violencia baseada na honra.

A mensaxe que propoñemos é: “Os asasinatos da honra son unha verdadeira vergoña! Basta xa de matar mulleres en nome da cultura!

Achega as túas fotos, vídeos ou outros materiais a:
>>> marchagaliza@gmail.com
>>> ou a info@marchemondiale.org

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza


Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
12 de julho de 2015 22:58
__________