Amosando publicacións coa etiqueta Marea Cidadá. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Marea Cidadá. Amosar todas as publicacións

domingo, febreiro 24, 2013

#23F - "Non ao golpe do Estado financeiro. Non debemos, non pagamos!"


O capitalismo non se reforma destrúe-se


En toda Galiza houbo mobilizacións da Marea Cidadá: "Unid@s contra o golpe de Estado Financeiro, pola Liberdade, pola Democracia, polos dereitos sociais e ambientais", como no resto do territorio do polo de agora Reino de España, foi este 23 de Febreiro de 2013. En Ferrol Terra, un grupo de persoas non quixeron deixar pasar esta convocatoria e de xeito simbólico, concentraron-se na Praza Amada García, ás 6 da tarde onde se deu lectura a un comunicado e houbo varias intervencións a micro aberto. Mais a Marea Cidadá, está convocada para hoxe ás 12 do mediodía, unha grande manifestación que partirá desde o Inferniño até a Praza do Concello, diante do Pazo Municipal. Defender o naval é defender a Comarca. Son miles de postos de traballo en perigo, toda a economía da Comarca. Comercio, hostalería, pequenas empresas, ... dependen dun sector que se está deixando esmorecer. Até políticos hipócritas do Partido Popular anuncian que estarán presentes na protesta que mellor protesta sería que presentaran a súa dimisión ou que abandonaran o partido político que nos somete a este declive industrial e social que recorta os nosos dereitos e nos afunde nunha profunda depresión social e económica, coas súas políticas de recortes sociais e económicos.


#23F na Galiza

Unha 'marea cidadá' de centos de persoas levou este sábado ás rúas das principais cidades galegas diversas reivindicacións en contra da corrupción e recortes, así como en defensa dos servizos públicos, nas que participaron decenas de colectivos de diversa índole.

Deste xeito, unha das protestas máis temperáns tivo lugar ao mediodía na Coruña, na que centenares de persoas manifestáronse convocados por esta denominada "marea cidadá", versión galega das protestas do "23-F contra o Golpe de Estado Financeiro" que se produciron en diversas localidades de todo o Estado, e que transcorreu baixo o lema "Non ao golpe do Estado financieiro. Non debemos, non pagamos!".


Vigo

A marcha popular de Vigo baixo o lema "Imos xuntos, podemos: Unid@s contra o golpe de Estado Financeiro, pola Liberdade, pola Democracia, polos dereitos sociais e ambientais", promovida polas Asembleas herdeiras do Movimento 15M, rematou na Porta do Sol onde se pasou á lectura dun comunicado final, contra a política social e económica dos gobernos do PP. Esta foi unha marcha de indignad@s resolt@s a cambiar o rumbo das cousas, por un outro mundo de igualdade e xustiza.


A Coruña

A mobilización foi promovida pola Asemblea Aberta, herdeira do Movimento 15M. Na Coruña á Marea Cidadá sumou-se outra marea a das persoas estafadas pola Preferentes e Subordinadas: "Estafados polos bancos, expropiados polo Goberno", caixas e bancos roubando descaradamente a pequen@s aforradores, persoas enganadas por banqueiros sen escrúpulos. A Marea Amarela ocupou as rúas e avenidas da Coruña, con forza e indignación contra un réxime político que se desmorona, "Rouba o político, rouba o banqueiro, rouba El-Rey e tamén o clero". Segundo denunciaron na manifestación da Coruña, un home de Melide, que "foi ao banco a pedir o seu diñeiro e cando volveu á súa casa aforcouse", foi o primeiro suicidio dun afectado pola estáfa das preferentes.

A Marea Cidadá na Coruña, inicio-se no Obelisco, por onde pasaou a Marea Amarela de miles de afectados por participacións preferentes e obrigacións subordinadas que reclamaron a devolución dos seus aforros. "Morra o Mal, morra o Capital", a marcha popular discurreu por diversas rúas, diante do Pazo de Xustiza, berou-se contra as taxas xudiciais impostas polo ministro Gallardón e máis adiante tocou-lle á reforma dereitista do ministro Wert onde se berou en defensa do ensino público, contra a política educativa dos gobernos do PP.

Ao rematar a marcha popular da 'marea cidadá' leuse un manifesto contra as políticas "austericidas", a corrupción e en favor dos servizos públicos. No transcurso da mobilización clamou-se pola confluencia das mobilizacións dos colectivos e sectores afectados polas políticas de desmantelamento, privatizacións e recortes dos gobernos do Partido popular -PP, tomemos as rúas para acabar con este réxime político, corrupto e empobrecedor da clase traballadora e outros sectores populares.

Os inxustos depexos da vivenda habitual e o dereito a unha vivenda digna, estiveron presentes na marcha popular a través de Stop-Desafiuzamentos. O caso de Aurelia que aos seus 85 anos ía ser depexada da súa vivenda, só impedido pola mobilización popular. A Marea cidadá, pasou por diante da súa vivenda para mostrar-lle o seu apoio.


Pontevedra

"Contra os recortes e por unha verdadeira democracia", a marcha popular da Marea Cidadá, percorreu as rúas de Pontevedra, facendo un circulo reivindicativo, onde participaron centos de persoas. Sucursais de entidades financeiras que situadas no percorrido da manifestación foron simbolicamente precintadas co cartaz "Clausurado polo pobo" na manifestación participu un "Mariano Rajoy" que lle saían sobres cheos de diñeiro, remitidos poolo "Sr. Bárcenas".


Compostela

Desde a Praza do Toural, pasadas as 6 da tarde, partiu a manifestación compostelán do #23F Contra os Golpe de Estado Financeiro secundada por centos de persoas. Stop-Desafiuzamentos estivo presente na Marea Cidadá.
______________