Amosando publicacións coa etiqueta Mobilizacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mobilizacións. Amosar todas as publicacións

luns, outubro 06, 2008

Xornada Mundial polo Traballo decente, concentración en Ferrol ás 8 da Tarde

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 6 de outubro de 2008 09:36

Asunto: CONCENTRACIÓN CONTRA A DIRECTIVA DAS 60 HORAS


MANIFESTACIÓN MÁÑÁ, MARTES 7 DE OUTUBRO DE 2008 AS 20.00 , DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA EN FERROL, CONCENTRACIÓN XORNADA MUNDIAL POLO TRABALLO DECENTE, NON AS 60 HORAS

GRAZAS, UN SAÚDO.


Estimado/a compañeiro/a:

O pasado xuño, os ministros de Traballo da Unión Europea aprobaron unha proposta de directiva sobre a xornada laboral que eleva o tope máxima de xornada semanal ata as 60 horas (65 no caso das actividades con gardas, como os hospitais). Esta directiva ten que ser debatida no Parlamento Europeo antes de fin de ano.

Nin que dicir ten que, de ser aprobada, a directiva suporía un enorme retroceso nas condicións laborais dos traballadores, un auténtico retroceso histórico dun século, posto que a xornada laboral máxima de 48 horas foi fixada pola OIT en 1919.

O vindeiro 7 de outubro está convocada, pola Confederación Sindical Internacional, unha Xornada Mundial polo Traballo Decente, que no caso dos países da Unión Europea adquirirá un contido de rexeitamento á directiva das 60 horas. CCOO e UGT teñen convocadas diversas mobilizacións. No caso concreto de Galicia, haberá unha manifestación en Vigo.

Dada a gravedade do ataque, a celebración dunha soa manifestación en toda Galicia parece insuficiente, polo cal decidimos impulsar unha mobilización unitaria en Ferrol, convocando unha reunión aberta de tódalas entidades interesadas en participar na preparación de dita mobilización. Previamente a esa reunión, entrevistámonos cos secretarios xerais comarcais dos tres sindicatos (CCOO, UGT e CIG) para darlles a coñecer a nosa proposta e deixar claro que era un complemento á manifestación de Vigo. Aínda que atopamos unha moi boa actitude en todos eles e aínda que todos admiten que unha manifestación en Vigo un martes ás 8 da tarde non é unha opción para que os traballadores de Ferrolterra se mobilicen, motivos diversos impediron unha convocatoria unitaria na nosa comarca.

Nestas circunstancias, e pensando que nunha comarca coas tradicións de loita obreira de Ferrolterra é case obrigado que haxa unha mobilización contra as 60 horas o 7 de outubro, decidimos ir para adiante coa convocatoria dunha concentración para ese día. Será ás 8 da tarde diante do edificio da Xunta da Praza de España.

Nos últimos anos, e a pesar do “milagro económico” español, a situación dos traballadores ven deteriorándose. Agora, a recesión económica fará que os ataques contra os dereitos laborais aumenten aínda máis. Temos que impedir que nos fagan pagar a crise. Por iso é moi importante que o día 7 acudas á concentración e que difundas a convocatoria no teu entorno (empresa, barrio...). Na sede e no concello haberá carteis da convocatoria á túa disposición. Non podemos permanecer parados, ¡hai que moverse!

CONCENTRACIÓN CONTRA AS 60 HORAS

LUGAR: PRAZA DE ESPAÑA (EDIF. XUNTA)

DÍA: MARTES 7 DE OUTUBRO

HORA: 8 DA TARDE

____________________

Convocatoria veciñal en Valón, en protesta pola inseguridade e insalubridade no transporte de mercancías sucias e perigosas desde o Porto Exterior

Diante do perigo no transporte por estrada, sobre todo de Clinker, desde o Porto Exterior a Asociación Veciñal de Valón convoca hoxe, 6 de Outubro, ás 4 da Tarde unha concentración no Alto de Valón, co obxectivo de protestar polo transporte deste tipo de mercancías, carbón e outras mercancías perigosas, sucias e pouco saudábeis, sen reunir a estrada as condicións axeitadas, así como a falta de medidas de seguridade dos medios transporte. Contra a velocidade excesiva, o non respecto dos sinais de transito e pasos de peóns, ... e outras. Moitos camións circulan sen levar a caixa tapada con lonas, como esixe a normativa vixente. Demanda a veciñanza que se tomen medidas de seguridade e se controle o tránsito deste camións, polo dereito da veciñanza a transitar polos paseos e beirarrúas con seguridade e tranquilidade.

ADEGA de Trasancos apoio á convocatoria veciñal, para mais información contactar con Serxio [o noso delegado en Valón: 662428976]
______________

Mobilizacións da CIG no 7 de Outubro, na acción mundial polo traballo decente

Convocadas asembleas e concentracións en todas as cidades, o 7 de outubro

A CIG di NON á Directiva das 65 horas

A CIG vén de convocar concentracións simultáneas en todas as comarcas de Galiza para o día 7 de outubro, para denunciar a grave perda de dereitos que suporá para a clase traballadora a ratificación, por parte do Parlamento Europeo, das modificacións introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. Unhas modificacións que contemplan, entre outros aspectos, a xeneralización da posibilidade de ampliar a duración máxima da xornada laboral até as 65 horas semanais ou a relaxación na obriga empresarial de compensar con descansos o traballo realizado a maiores.

O pasado 11 de xuño, o Consello de Emprego, formado polos Ministros de Traballo de cada un dos Estados que integran a UE, aprobou por maioría a chamada DIRECTIVA DE TEMPO DE TRABALLO que pretende:

  1. Poder traballar, como máximo, unha xornada semanal de até 65 horas, con carácter flexíbel, que se regularizará por exceso ou defecto cada tres meses; sen fixar o tempo de descanso entre xornadas laborais, nin límite de horas de traballo ao ano. O que se traballe de máis nunhas semanas, traballarase, supostamente, de menos nas outras.
  2. A Directiva estabelece para determinados sectores de servizos, como pode ser a Sanidade, Vixilancia e Seguridade, Condutores de Transporte Público ou Privado... etc, que o período inactivo de traballo que non se preste unha atención continuada non se considere tempo de traballo, por exemplo, durante unha garda médica o tempo que non hai pacientes, ou nos tempos de espera entre servizos para os condutores de autobús.
  3. Estabelécese a posibilidade de que na sinatura do contrato o traballador ou traballadora pode “voluntariamente” de xeito individual e con independencia do regulado en Convenio, aceptar a xornada de 65 horas. Eles saben perfectamente que a chantaxe dos empresarios será condicionar a sinatura do contrato a que se acepte a ampliación da xornada.

No Estado Español, a xornada máxima de 40 horas semanais está acordada desde o ano 1979, pero a involución do capitalismo máis salvaxe que domina Europa quere facernos retroceder 200 anos. Queren facernos traballar máis horas e máis barato, evitarán as horas extra e os pluses para os que traballan en fin de semana ou festivos.

Esta Directiva será debatida para a súa aprobación nos próximos meses no Parlamento Europeo, onde a dereita neoliberal ten maioría, polo que parece probábel a súa aprobación antes do mes de decembro. Unha vez aprobada, cada Estado debe adaptar esta norma á súa propia lexislación nun determinado prazo.

Como podemos ver, a Europa que se constrúe non protexe o mundo do traballo nin á clase traballadora. Esta é unha Europa neoliberal que non ten reparos en gastar miles de millóns de euros de diñeiro público de todos os Estados a través do Banco central Europeo, para pagar nesta crise, o despilfarro, a especulación financeira dos bancos e das inmensas fortunas, que agora socializan as perdas pero antes non socializaron as inmensas ganancias. Co noso diñeiro pagan as consecuencias da súa avaricia e logo nos dirán que temos que reducir as pensións, as prestacións por desemprego, a sanidade...

Mobilízate coa CIG o día 7 de outubro

CONCENTRACIÓNS

A Mariña: Ás 11:00 horas no concello de Cervo.

A Coruña: Ás 12:00 horas, diante da Subdelegación do Goberno

Ferrol: Ás 12:00 horas diante do edificio da Xunta de Galiza na Praza de España.

Lugo: Ás 12:30 horas diante da Subdelegación do Goberno.

Ourense: Ás 11:30 diante do edificio sindical

Pontevedra: Ás 12:30 horas diante da Subdelegación do Goberno.

Santiago: Ás 12:30 h na Praza de Galiza.

Vigo: Ás 12:00 horas, saída de diante do pavillón do Berbés.

______________

Os sen Voz da Marina

[Ampliar clicando acima das imaxens]__________

luns, setembro 22, 2008

Acción Internacional polo Traballo Decente, 7 de Outubro de 2008: Propoñen unha mobilización en Ferrol






De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de setembro de 2008 11:25
Asunto: CONVOCATORIA ABERTA ESQUERDA UNIDA FERROL



O vindeiro mércores 24 de setembro de 2008 o consello Local de Esquerda Unida de Ferrol convoca unha xuntanza aberta, na sede local de EU-IU as 19.00, para rexeitar a Directiva europea das 60 horas.

Grazas.

Estimados compañeiros/as:

Como xa coñeceredes, está previsto que no derradeiro trimestre deste ano o Parlamento Europeo debata unha proposta de directiva sobre a xornada laboral, que fixa esta nun máximo de 60 horas semanais (65 no caso dos traballadores con quendas de garda). De aprobarse, esta directiva suporía un retroceso histórico nas condicións laborais dos traballadores europeos.

O vindeiro 7 de outubro está convocada, por parte da Confederación Sindical Internacional, unha Xornada Mundial polo Traballo Decente. Nos países da Unión Europea, o contido central de dita xornada será a protesta contra a directiva das 60 horas. Cremos que nunha cidade coas tradicións de loita obreira de Ferrol o 7 de outubro se debería desenvolver unha mobilización contra esa directiva.

Neste sentido, convócase a tódalas entidades interesadas en participar na preparación de dita mobilización a unha REUNIÓN, en réxime de autoconvocatoria, o vindeiro MÉRCORES 24 DE SETEMBRO ás 7 DA TARDE no LOCAL DE ESQUERDA UNIDA (Rúa do Sol, 124, entrechán esquerda).

Sen máis, recibide un saúdo.

Consello Local de Esquerda Unida de Ferrol
____________________________________

mércores, setembro 17, 2008

Concentración Antitaurina en Negreira, Domingo 21 de Setembro

De: Asociación Cometa -correo@asociacioncometa.com-
Libera! Galicia -galicia@liberaong.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de setembro de 2008 09:27
Asunto: Concentración antitaurina Negreira 21 Septiembre



Concentración antitaurina Negreira 21 Septiembre

CONCENTRACIÓN ANTITAURINA, 21 DE SETEMBRO, 16:30 horas Ó CARÓN DO CAMPO DE FÚTBOL JESUS GARCÍA CALVO DE NEGREIRA

Convoca:
Plataforma Galicia, mellor sen touradas.

Saídas dende:
A Coruña
Santiago de Compostela
Ourense
O Carballiño
Pontevedra

Remítese ás organizacións galegas adheridas á Plataforma "Galicia, mellor sen touradas".

--
Asociación Animalista LIBERA!
www.liberaONG.org

Rubén Pérez Sueiras
Tel. 606 53 05 70
@. galicia@liberaong.org


NEGREIRA E AS INVASIÓNS BÁRBARAS
:

NON Á TAUROMAQUIA EN NEGREIRA!

CONCENTRACIÓN 21 SEPTIEMBRE – 16,30HS

ADEGA e as organizacións da campaña GALICIA MELLOR SEN TOURADAS convocan unha concentración para expresar o rexeitamento do pobo galego ó festexo taurino con novillos que serán sometidos a todo tipo de vexacións, festexo autorizado polo Concello de Negreira, cidade que ata o día de hoxe NON CONTABA CON FESTEXOS TAURINOS. ¿VAS PERMITILO?

VEN E DI NON Á TAUROMAQUIA EN NEGREIRA!

DOMINGO 21 SETEMBRO – 16:30hs

XUNTO O CAMPO DE FÚTBOL JESÚS GARCÍA CALVO, NEGREIRA

Transporte dende:

* Santiago de Compostela: 15:30hs Estación de autobuses

Contacto: ADEGA 981 570 099

* A Coruña: 14:45hs Praza de Ourense

Contacto: Libera! 606 530 570

* Ourense: 13:30hs Esplanada das Lagoas (ó carón da Comisaría de Policía)

Contacto: Amigos da Terra 988 374 318

(Faltan O Carballiño y Pontevedra).

Adhiren:

GALICIA: ADEGA · Amigos da Terra · Asociación Cometa · Asociación Gatocan · Asociación Aldea Felina · Colectivo cívico Matar por Matar Non · Plataforma Pontevedra Antitaurina · Organización Activista de Redondela · Verdegaia · Asociación Abeiro.

ESPAÑA: Fundación para la Adopción, Apadrinamiento y Defensa de los Animales, FAADA · Colectivo Andaluz Contra el Maltrato Animal, CACMA · Fundación Altarriba · Animalistes de Manlleu · Asociación de Veterinarios Abolicionistas de la Tauromaquia, AVAT · Partido Antitaurino Contra el Maltrato Animal, PACMA · Proyecto Gran Simio

INTERNACIONAL: Accâo Animal (Portugal) · ANIMAL (Portugal) · League Against Cruel Sports (Reino Unido) · The Humane Society of the United States · The Humane Society International · Dyrevern Alliansen (Noruega)
_________

Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA
C/ Manoel Antonio 4, 1º
15570 Narón. A Coruña
Tlf: 617 040 992
Correo electrónico: correo@asociacioncometa.com
Páxina web: www.asociacioncometa.com
CIF: G-15963234
__________

luns, setembro 01, 2008

A Plataforma "Salva O Tren" reinicia a loita cunha nova Mobilización de "NO 2012 -O Tren- irá pola estrada", o Venres 5 de Setembro


Plataforma Galega polo Tren de Proximidade
“SALVA O TREN”
NOTA DE PRENSA
Asunto: A Plataforma "SALVA O Tren" reinicia a loita cunha nova Mobilización de "NO 2012 O Tren IRÁ POLA ESTRADA".

Saída da Caravana: Venres 5 de Setembro, ás 6 da Tarde

A Plataforma polo Tren de Proximidade en Galiza "SALVA O Tren" formada polos Colectivos:

Coordinadora Tren Rexional
Asociación Universitaria Ambiental SYME
Sindicato de Estudantes
Amigos dá Terra
Sindicato Ferroviario dá Confereración Intersindical
A golpe de Pedal
CXT (SFF-CXT de Pontevedra)
Asociación Cultural O Fervedoiro
STOP Accidentes
Anacos dá Cidade
Verdegaia Colectivo Ecoloxista do Salnés
Matar por Matar NON
Comité de Empresa de ADIF en Pontevedra

Infórma
que ante a falta de coherencia, de resposta ás nosas propostas, de responsabilidade para cos cidadáns e de sentido común por parte do Ministerio de Fomento e do Goberno de Galiza; despois de que grazas á resistencia Numantina da Localidade de Portas, abortouse o segundo intento de levantar as vías do tramo xa fose de servizo Portas-Vilagarcía de Arousa, e atopándonos ante o inicio do "desangramiento e posterior morte" do tramo Vilagarcía de Arousa- Santiago de Compostela (o cal prevemos que levará a cabo para finais de 2011 ou comezos do 2012), vémonos obrigados a mobilizarnos novamente mediante o que denominamos "Non 2012 o Tren irá pola estrada". A Plataforma quere facer un chamamento á sociedade Galega a fin de que tome conciencia de que unha vez desaparecidos os Trens Rexionais e sen existir unha alternativa a este servizo, os cidadáns verémonos abocados a utilizar o noso transporte particular (o automóbil). Queremos facer unha chamada de atención sobre o que isto suporá en canto ao amento de vítimas mortais nas estradas, o colapso do trafico, a contaminación do ambiente, a dependencia enerxética do exterior e con iso os conflitos bélicos en que se traduce.

Como sabedes, a mobilización "No 2012 o Tren irá pola estrada" consiste en circular pola estrada Nacional 550 entre Pontevedra e Vigo á velocidade mínima permitida polo Código de Circulación.

Información dos detalles da convocatoria:

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Itinerario:
Partida: Nacional 550, Concesionario Peugeot da saída de Pontevedra, sentido Vigo.
Percorrido: Saída de Pontevedra Primeira rotonda na entrada a Vigo (Gasofeira de Petronor)
Estación de tren de Pontevedra.
Hora: 18:00 horas do Venres, 5 de setembro.

En Santiago, 1-09-08
O Coordinador Xeral
Fernando Gómez Camarero
TF: 649183521
www.salvaotren.tk
_______________

Baixar o Manifesto polo Tren de proximidade en formato -pdf-
_____________