Amosando publicacións coa etiqueta NPA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NPA. Amosar todas as publicacións

venres, febreiro 20, 2009

Nace, en Francia, o Novo Partido Anticapitalista

O Novo partido reúne á maioría da Liga Comunista Revolucionaria (LCR), que aprobou súa propia disolución para crear a nova organización, alén de militantes comunistas, socialistas e ecoloxistas. Segundo un dos principais líderes do NPA, as referencias programáticas do novo partido son a ruptura co capitalismo e a independencia total en relación ao Partido Socialista francés. A "Esquerda da esquerda" francesa cre que xa ten o 15% de votos.

Por Louis Weber [*]
17.02.2009



O Novo Partido Anticapitalista (NPA) tivo seu congreso fundador coa presenza de Olivier Besancenot entre 5 e 8 de Febreiro de 2009. Na véspera, a Liga Comunista Revolucionaria [LCR] votara súa disolución, con 87% de votos, despois de corenta anos de existencia.

Mais non se trata dunha simple mudanza de nome. O NPA non se adherirá, por exemplo, á Cuarta Internacional [trotskista]. O partido pretende enraizar-se especialmente entre a mocidade, para quen a "base de adhesión son aqueles a quen Sarkozy chama de -ralé- e que recoñecen Besancenot como a única personalidade de esquerda de verdade", como explica Alain Krivine, o líder histórico da LCR. A partir de agora, o NPA conta con 9000 adhesións, quere dicir, tres veces máis que a LCR, que chegaba a ter pouco máis de 3000 membros.

Para continuar aumentando a súa base, o NPA quere "seguir o mellor das tradicións do movemento dos traballadores, sexan eles trotskistas, socialistas, comunistas, libertários, guevaristas, ou envolvidas na ecoloxía radical", como o afirma Olivier Besancenot. A referencia identitária será polo tanto menos unha doutrina política que a "ruptura co capitalismo" e a "independencia total do Partido Socialista".

Esa última cuestión estivo no centro das preocupacións da minoría "Unir", da LCR, que votou contra a súa disolución, e para quen esta é a única maneira de expresar súa oposición á creación do NPA nas condicións fixadas pola dirección. Esa cuestión está tamén no centro das discusións das forzas políticas que, no contexto francés, constitúen a esquerda da esquerda, quere dicir, rexeitan calquera acomodo co liberalismo dominante na Francia e na Europa. Trata-se de isso ...

A esquerda da esquerda está lonxe de ser unha cantidade negligenciábel no plano electoral: unha pescuda recente acaba de mostrar que se ela presenta-se listas unidas nas próximas eleccións para o Parlamento Europeo [en xuño de 2009], podía esperar, mesmo antes de facer campaña, algo como 15% dos votos. O Partido Comunista e o novo Partido de Esquerda fundado por Jean-Luc Mélenchon, que deixou o Partido Socialista na ocasión do recente congreso do partido en novembro de 2008, de agora en diante xa decidiran constituír unha fronte de esquerda para esas eleccións.


A maioría dos grupos e colectivos que foron creados na batalla de 2005 para rexeitar o proxecto do tratado constitucional europeo están prontos a se xuntar a esa Fronte, cuxa campaña será baseada na rexeita absoluta da Europa liberal actual e na demanda por unha reorientación radical da construción europea. Mais as discusións co NPA aínda non alcanzaran e receian un pouco a volta do escenario desastroso das eleccións presidenciais de 2007, con pouco menos de seis candidatos reivindicando o antiliberalismo. Ningún de entre eles obtivo máis do que 4% dos votos.

Cal a dificultade, agora? A nascente fronte de esquerda non ten a intención de facer calquera acordo co Partido Socialista para as eleccións europeas. Mais "a independencia total do Partido Socialista" defendida polo NPA quería dicir que o Partido Comunista, por exemplo, renuncia á alianzas que lle permiten participar, cos socialistas e outros, da xestión da case totalidade das rexións francesas e de numerosas prefecturas.

Ese tipo de alianza é rexeitada por diversas razóns, mais principalmente porque o NPA non concibe súas accións políticas sen buscar exercer as responsabilidades políticas. O que non é concebível, no contexto francés, sen alianza cos socialistas, que é o que o NPA rexeita neste momento. Pureza revolucionaria e rexeita de pór as "mans na graxa" da xestión ... Trátase de se beneficiar da notábel popularidade de Olivier Besancenot e de así legitimar o NPA no plano político ... Pretexto para se presentar só á eleccións europeas, levando en conta as vantaxes simbólicas e materiais que un mandato parlamentario europeo viabiliza ... Posición de negociación cos outros compoñentes da esquerda da esquerda, antes dun acordo ou dunha posición de principio durável ... O futuro permitirá a resposta a esas cuestións.

[*] Louis Weber é membro da Attac/Francia e secretario de redacción da revista de socioloxía Savoir/Actuar.
_____________

Novo Partido Anticapitalista - NPA
Nouveau Parti Anticapitaliste - NPA
http://www.npa2009.org/
_____________________________

Enlaces de Interese:

Entrevista con Alain Krivine sobre o NPA e un artigo de Louis Weber na revista "Savoir-agir", trimestral da asociación "Raisons d´agir"
O Novo Partido Anticapitalista, LCR-bis, ou apertura a todas as correntes da outra esquerda
Louis Weber / Alain Krivine
10-10-2008


LCR - Francia : http://www.lcr-rouge.org/
______________