Amosando publicacións coa etiqueta Narón. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Narón. Amosar todas as publicacións

mércores, marzo 11, 2015

Podemos Narón organiza unha Andaina polo Xuvia, este sábado 14 de marzo ás 5 da tarde - Lecer e Primeiro debate que afrontará o estado de degradación da ría na que vivimos


O vindeiro sábado 14 de marzo, concentrarémonos fronte á igrexa de Santa María de Neda (a beiras do Río Belelle) ás cinco da tarde, para realizar unha camiñada na contorna do estuario do río Grande de Xuvia. Con iso daremos a coñecer o primeiro dos Grupos de Debate nos que está traballando o CCM coa participación de colaboradores externos. Si fai bo tempo aproveitaremos para merendar, así que trae as túas viandas, roupa e calzado cómodo, a ruta non ten dificultade algunha, polo tanto, podedes vir acompañade@s de vos@s peques, familia e/ou amigos.

Alí presentaremos o cartel do primeiro debate programado que afrontará o estado de degradación da ría na que vivimos. Durante a camiñada non imos centrarnos en exclusiva neste problema senón que faremos unha introdución ao coñecemento que temos da mesma e segundo se vaia desenvolvendo a marcha falaremos da súa historia, a súa morfoloxía, a súa biodiversidade, a situación da pesca, o marisqueo, a industria, os deportes náuticos e todo o que é característico a este contorna.

Isabel Allegue.
Prensa e Redes de Podemos en Narón
podemosnaron@gmail.com
http://www.facebook.com/podemosnaron
http://www.facebook.com/groups/podemos.naron/
https://twitter.com/PodemosNaron
Whatsapp e Telegram 687 464 463

Enviado por:
Podemos Narón
podemos.naron@gmail.com-
9 de março de 2015 20:00

Boas tardes: De novo por aquí, achégote unha nova iniciativa do Consello Cidadan de Podemos en Narón. Vaise a levar a cabo esta fin de semana. Graciñas pola difusión, Unha aperta. Isabel Allegue. Prensa e Redes de Podemos en Narón.

_____________

luns, febreiro 16, 2015

Esquerda Unida de Narón solidariza-se coa loita dos traballadores de "Cocinas Sierra" que levan desde Novembro de 2014 sen cobrar os seus salarios


APOIO Á LOITA DOS TRABALLADORES DA EMPRESA FERROLTERRÁN "COCINAS SIERRA"


DENDE ESQUERDA UNIDA DE NARÓN QUEREMOS MANIFESTAR O NOSO APOIO A LOITA DOS TRABALLADORES DE “COCINAS SIERRA”  ANTE O IMPAGO REITERADO DOS SEUS SALARIOS POLO EMPRESARIO E O ATRASO DA XUSTIZA, denunciamos que os empresarios están aproveitando unha reforma laboral feita a súa medida por un goberno “amigo” para cometer autenticas inxustizas, familias enteiras desesperadas porque non chega o salario a casa, porque non lles pagan ou  porque nunca saben cando e canto van a cobrar.

As traballadoras e traballadores do noso pais están mais indefensos que nunca, e as condicións de traballo degrádanse a un ritmo vertixinoso.

Tamén queremos facernos eco da vivencia a dun dos traballadores de “COCINAS SIERRA” que explicounos a súa experiencia enviando o seguinte escrito o CPL de Esquerda Unida Narón.
Meu nome e Pedrós e son un traballador de "Cocinas Sierra" desde o ano 1988. E coma a malloria dos meus compañeiros levo moitos anos a o servicio da empresa, unos mais e outros menos, pero facemos una media de 18 anos a o servizo de Sierra.

A cousa empeza fai uns catro anos que comenzou a retrasar os pagos, pagaba as nóminas en dúas veces no mes e así hasta que empezou a acumular débedas con nos pero sempre mirou de non exceder os catro meses de débeda, hasta hoxe que xa acarrea una débeda de sete meses con cada traballador.

Nos puxémoslle una denuncia en novembro do 2014. Reclamándolle as nóminas endebedadas e un fin de contrato por incumprimento pola súa parte, iso a el sentoulle moi mal sobre todo por que na denuncia metémola a todas as empresas que ten, que naceron a raíz desta, una esta en Lugo e a rexenta a irma (Remedios Sierra) se chama "Sivifer Sierra Cocinas", e a outra fundouna a filla fai uns tres anos no polígono do Rio do Pozo, "Imnova Montage", adicada a decoración de interiores cociñas baños etc. Distribución de electrodomésticos, materiais de construción etc, coa cal fixemos algúns traballos que supostamente nos subcontrataban e nos tiñan que deixar beneficio, e nos supoñemos que xogaba ca nosa man de obra e facturaba con "Imnova", así cando nos presentou os números da empresa estes sempre deron perdida e dicía que non era viable, pero de pechar tampouco quere ouvir falar, e así nos ten hasta o 25 de febreiro que nos sae o xuízo.

O último pago que nos fixo foron 200 euros no mes de novembro antes de que lle chegara a denuncia, e nos lle pedimos a vacacións do ano que terminaba por que nos quedaban 17 días por disfrutar, e el nos deunas pero nos pediu que lle terminaramos uns traballos para entregar e así darnos algo para pasar as navidades, e así fixemos pospuxemos as nosas vacacións un par de días e lle terminamos todo, e cando pasamos a cobrar non nos quixo pagar nada, e aínda así pasamos un par de días máis a ver si reflexionaba pero el seguiu nas mesmas.

Nos incorporamos a traballar o 7 de xaneiro e nos reconoceu que un dos traballos lle deixara limpos 5.000 euros pero que os destinou en pagarnos as cargas sociais e de instalacións, nos propuxo seguir traballando se queríamos cobrar e nos lle dixemos que xa nos chegara ca experiencia de novembro e lle exigimos que primeiro nos adiantase parte da débeda, a lo cal negouse dicindo que non tiña cartos, nos estivemos pechados nas instalacións cumprindo o noso horario tres semanas, el quixo facernos a vida imposible ...  Saúdos“.
Achegate xunta NOS, fagamos un novo Concello máis Social, máis Democrático, Participativo e de Tod@s !!

Conta no facebook de Esquerda Unida de Narón:
https://www.facebook.com/naroneu


Conta no twitter de Esquerda Unida de Narón:
http://twitter.com/eunaron


Cocinas Sierra (Luís Sierra Carral, S.L.), no buscador libre Duckduckgo: Rastrear.

Enviado por:

André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
13 de fevereiro de 2015 16:19
_________________

sábado, xaneiro 31, 2015

Promoven unha 'Candidatura Cidadá Narón', para participar nas videiras eleccións municipais de Maio

Promoven unha 'Candidatura Cidadá Narón', para participar nas videiras eleccións municipais. | Francisco Porto, exconcelleiro polo BNG en Narón que foi candidato á secretaria Xeral de Podemos en Narón, xunto con outras persoas, promove unha Candidatura Cidadá para participar nas videiras eleccións municipais do 25 de maio deste ano 2015.

Con data do 29 de xaneiro de 2015, o propio Fran Porto, remite-nos unha nota comunicando a intención de promover dita candidatura, segundo el "cun claro ADN de Podemos".


Carta de Fran Porto:

Ante a proximidade da convocatoria electoral e conxuntamente  con varias persoas inscritas en  Podemos Narón, así como persoas alleas a este partido pero cun claro perfil próximo a Podemos, o que fora candidato a S.X. de Podemos Narón, Fran Porto, promove unha candidatura cidadá para as vindeiras eleccións municipais.

Trátase dunha  proposta nova, cunha candidatura de xente nova, preparada e, na maioría dos casos, afastada ata o de agora da política tradicional.

A  aposta na que se está a traballar pasa por  un novo xeito  de  entender o traballo e a comunicación cos veciños, nun claro contraste coa caduca permanencia  de moitos dos actuais munícipes, algúns xa políticos profesionais, con máis de 30 anos quentando as cadeiras municipais e outros cunha clara vocación de ser coma eles.

A necesidade de devolverlle  aos cidadáns a  capacidade diaria de participar nas decisións que lles afectan especialmente, e que sexan os verdadeiros  protagonistas  para  facer entre todos un Narón mellor, é o motor que alimenta a incorporación a esta candidatura das persoas que a compoñen.

Persoas que se comprometen a cumprir o código ético de Podemos, que se comprometen a non permanecer máis de dúas lexislaturas en caso de gobernar, que cesarán imediatamente no cargo no caso de seren imputados e que se rexirán polo baremo económico de Podemos nos seus cargos municipais. Unha candidatura cun claro ADN Podemos.

Traballar tódolos días para recuperar o prestixio da actividade política, afastando as sombras que  os actuais políticos botan  sobre ela, cun obxectivo claro de rexeneración democrática e relevo xeneracional, onde ninguén veña vivir da política, son os principais motivos que impulsan aos membros da candidatura a presentarse para recuperar a ilusión dun Narón, de todos, entre todos e  para todos.

Información baseada na enviada por:
Fran Porto
-fporsaa@yahoo.es-
30 de janeiro de 2015 13:54

_____________

luns, xaneiro 12, 2015

Apoio de Esquerda Unida de Narón ás demandas e a folga dos traballadores de MEGASA en Narón


Dende Esquerda Unida de Narón queremos amosar o noso total apoio a folga dos traballadores de MEGASA en Narón.

Como xa fixemos fai uns días durante a visita da parlamentaría de AGE Lidia Senra a Fene na que se reuniu tanto ela como o CPL de EU Narón con o comité de empresa de MEGASA queremos transmitir a todos os traballadores que seguiremos o seu carón na loita por un traballo digno e con dereitos.

Entendemos que unha vez mais a patronal aproveita unha reforma laboral feita a súa medida para despedir sen motivo a 47 traballadores, e dicimos que sen motivo porque a empresa ten beneficios, entendemos que o que pretende a empresa con estes despedimentos é sementar o medo para poder mais adiante contratar persoal en condicións precarias e con peores salarios.

Pero non esquezamos que o problema real non é outro que Megasa poda acadar unha rebaixa na tarifa eléctrica a costa do erario público, e dicir, capital público que serve para favorecer unha empresa privada a costa da coacción e ameazas de despedimentos, o mesmo modus operandi que en Alcoa.

Dende Esquerda unida Narón rexeitamos o actual sistema tarifarío eléctrico que afecta directamente a empresas como MEGASA, tamén entendemos que non é de recibo que dende o goberno do PP se fomente a competencia desleal o aplicar distintos prezos a enerxía segundo o tamaño da empresa.

Dende Esquerda Unida sempre apostamos por a nacionalización das compañías eléctricas.

Denunciamos que non hai ningunha desculpa valida para que unha empresa con beneficios que medrou e puido inverter no exterior grazas as ganancias obtidas en MEGASA Narón agora pretenda deixar a 47 dos 168 traballadores de MEGASA na rúa.

Consello Político Local de Esquerda Unida Narón

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/naroneu

Conta no twitter:
https://www.facebook.com/naroneu

Foto de Lidia Senra reunida con o comité de empresa de MEGASA e membros do CPL de Narón.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
11 de janeiro de 2015 10:05
________________

mércores, novembro 12, 2014

Asemblea Eleccións Municipais Maio de 2015: "O Concello e Proceso Constitui​nte Municipal de Podemos en Narón", conovocada asemblea aberta para este sábado 15 de novembro ás 6 da tarde, no local social de Piñeiros


Sábado 15 de novembro, as 18 horas - Asemblea Eleccións "O Concello e Proceso Constitui​nte Municipal de Podemos Narón".


Dende o Círculo de Podemos Narón á asemblea que terá lugar no local social de Piñeiros o vindeiro sábado día 15 as 18:00 horas co seguinte orde do día:
  • Eleccións municipais O Concello, tratase de debater a posible promoción dende Podemos Narón dunha candidatura municipalista na forma de Agrupación de Electores.
  • Proceso constituinte municipal de Podemos Narón, e folla de ruta de actividades presenciais e nas redes. Tratase de aclarar en que consisten os procesos constituintes municipais de Podemos, así como para debater y decidir cales serán as accións para levar a cabo todo o proceso no caso de Podemos Narón.
Un cordial saúdo

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/1571315929751081/

RRSS de Podemos Narón
Facebook: Foro de debate Podemos Narón

Enviado por:
Podemos Narón
-podemos.naron@gmail.com-
11 de novembro de 2014 14:01
______________

domingo, febreiro 17, 2013

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol e o Concello de Narón, pola construción do novo Centro de Saúde e en defensa da sanidade pública - Fotos


Os orzamentos da Xunta de Galicia no contemplan ningunha partida para o novo Centro de Saúde do Concello de Narón, un centro previsto no seu momento en conxunto coa Consellería de Sanidade. O Concello de Narón fixo unha convocatoria á cidadanía, apoiada por partidos políticos e sindicatos a nivel comarcal.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, sumou-se á convocatoria en defensa do Centro de Saúde para Narón, mais tamén no marco doutras convocatorias ás que chamaba a plataforma galega SOS Sanidade Pública e outras plataformas a nivel estatal, contra as privatizacións e o repago, en defensa da sanidade pública que estaban convocadas para este 17F.

En  Ferrol Terra, a mobilización consistiu nunha concentración na Praza de Galicia, no concello de Narón, na cal se leu un comunicado demandando a construción do novo Centro de Saúde, adaptado as necesidades demográficas da zona.

Para rematar deu-se lectura ao comunicado da Plataforma que contiña as seguintes reivindicacións:
  • Pola Defensa dunha Sanidade Pública, Gratuíta e Universal, para todos por igual
  • Pola construción dos Centros de Saúde comprometidos: Narón, Ares, A Capela e Cedeira, así como a ampliación do Fontenla Maristany e a reapertura do Consultorio da Graña.
  • Derrogación do decreto do transporte sanitario.
  • Derrogación do decreto que deixa sen asistencia sanitaria aos inmigrantes en situación irregular.
  • Modificación orzamentaria precisa para dotar ao Hospital Naval das melloras necesarias para o seu funcionamento ao 100%.
  • Dotar ao Hospital Novoa Santos de contido asistencial pleno.
  • Construción dun Centro de Referencia de Enfermidades Profesionais na Área Sanitaria de Ferrol.
  • Recuperación do Plano de Mellora da Atención Primaria.
  • Posta en funcionamento do Plano de Saúde Mental e Drogodependencia.
Fotos: Fuco Buxán A.C.
______________

luns, abril 30, 2007

A veciñanza a través da Agrupación de Asociacións Veciñais do rural de Narón, convoca unha nova mobilización para o domingo, 13 de maio

Pola importancia desta noticia transcribímo-lo na súa totalidade do xornal comarcal Diario de Ferrol que foi publicada o pasado domingo, 29 de abril, informando do acontecido no Pleno Municipal de Narón, onde o Alcalde Sr . Gato, deixou ao seu lugar teniente, o concelleiro Sr.Blanco, para que presidira un pleno a todas luces polémico. Dado que por primeira vez a veciñanza poido facer uso da palabra para presentar as súas demandas, ademais de ser un pleno celebrado logo de que o TSXG, en sentenza firme, dera a razón á veciñanza no asunto das taxas polo saneamento e o enganche á rede de auga potábel.

A veciñanza a través da Agrupación de Asociacións Veciñais da zona rural, convocaba unha nova mobilización para o domingo, 13 de maio, ás 12 do mediodía, desde as inmediacións do asilo de Piñeiros.
______________________________

DIARIO DE FERROL
Ferrol | Domingo, 29 de Abril de 2007

Os veciños do rural din que non queren saneamiento gratis senón a un prezo "legal"

Na última sesión plenaria do presente mandato, tal e como anunciara o alcalde, Xoán Gato, puido intervir un representante da Agrupación de AAVV da Zona Rural. Estes aseguraron que non queren saneamiento gratis senón abonando un prezo que se demostre que se axustan á legalidad.

LORENA ROMERO > FERROL

Máis de medio centenar de persoas asistiu onte no Concello naronés á celebración da sesión plenaria. Aos integrantes da Agrupación de AAVV da Zona Rural sumáronse membros da comunidade educativa do colexio Ponche de Xuvia, que lograron o apoio de todos os grupos á súa reivindicación, apoiar a demanda de solicitude dun novo centro, actuación para a que o Concello ofrece terreos á Xunta. A xornada comezou con apupos e gritos -"tongo, tongo"-, tras ver que o alcalde, Xoán Gato, non presidía a celebración. Logo de abordarse todos os puntos incluídos na orde do día, o primeiro tenente de alcalde, Xosé Manuel Branco, respondeu ás preguntas formuladas por Juan Carlos Díaz, portavoz do colectivo da Agrupación de AAVV da Zona Rural. Tras mostrar o seu apoio á demanda de construción dun novo colexio para substituír ao Ponche de Xuvia, Díaz deixou abofé antes de entrar na quenda de preguntas que "non queremos nada gratis, só queremos as cousas legais, que se nos demostre porqué é así ou prezo e acataremos a legalidade, sexa ou prezo que sexa". A primeira das cuestións foi sobre a solicitude de axudas a outras administracións, pregunta á que Branco respondeu que si se pediron pero que non se concederon. Ante as numerosas incursiones dalgúns dos presentes -que interrompían continuamente as intervencións do primeiro tenente de alcalde- Branco continuou aclarando ao colectivo que a devolución dos pagos será para todos os afectados e que se lles pagará cando finalice o proceso xudicial. O presidente do pleno afirmou que "nós sempre estivemos dispostos, xa antes dás reunións, ó que queiran, outra cousa é que nós en principio mantemos ou que postulamos". Do total das 24 preguntas da Agrupación do Rural, tan só oito referíanse ao tema do saneamiento e abastecemento. As presuntas emisións da cementera e unha serie de rellenos de Megasa en Pedroso foron outras das cuestións abordadas no pleno, quedando algunhas á espera dunha contestación por parte dos edís de cada área. "É a primeira vez en catro anos que contestan ás nosas preguntas e queremos pensar que este será un camiño democrático e de madurez veciñal; desexamos que na próximo mandato déanse vos pasos pertinentes para crear un novo regulamento de Participación Cidadá acorde co Estado democrático non que vivimos", apuntou Juan Carlos Díaz. Ademais, este asegurou que os veciños están a disposición do Concello para abordar todos estes temas. A Agrupación de AAVV da Zona Rural convocou unha manifestación o 13 de maio, ás once da mañá -con saída do asilo de Piñeiros e chegada ao Concello- para reivindicar alcantarillado a un prezo xusto, melloras en servizos, parques e un crecemento sostenible, entre outras cuestións.


>BNG e PP

Tanto os representantes do BNG como do PP recordaron aos presentes o "cambio de rumbo" na posición do equipo de goberno respecto ao tema do saneamiento rural, ao anunciarse a devolución do diñeiro a todos os veciños. O portavoz do grupo municipal do BNG, Pablo Villamar, resaltou a aprobación doutros puntos da orde do día, que permitirán dispoñer o próximo curso da guardería da Gándara, iniciar as obras na estrada de San Xiao -tras aprobarse logo de dous anos unha modificación do PXOM-, entre outros. Sobre o Pazo dá Cultura, os "populares" votaron en contra do nomeamento dun novo director das instalacións porque, como explicou o edil Carlos Ramil, entenden que o Concello non debe recorrer a contratar empresas nin asesores externos. Sobre o Pazo dá Cultura, os nacionalistas interesáronse por saber canto custará finalmente, se se entregou o mobiliario e se hai estudos de son realizados respecto diso.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol
____________________________