Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Integral para as Comarcas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Integral para as Comarcas. Amosar todas as publicacións

martes, marzo 13, 2007

Sobre o proxecto de desenvolvemento integral das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de marzo de 2007 14:48
Asunto: Rexeitan un pseudo-proxecto vacío e repetititivo, carente de compromisos económicos e temporais programados e anualizados

ESQUERDA UNIDA-IU rexeita un pseudo-proxecto vacío e repetititivo, carente de compromisos económicos e temporais programados e anualizados

ESQUERDA UNIDA manifesta a súa decepción polo chamado proxecto de desenvolvemento integral das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, que onte foi presentado polo presidente da Xunta e o conselleiro de economía. Parécenos o enésimo exercicio de venda de fume a unha cidadanía farta de palabras non respaldadas con feitos. Son moitas as expresións e planes que prometeron pór remedio ao declive demográfico, económico, e de emprego das nosas bisbarras ( zona de urxente reindustrialización, a zona industrial en declive, o plan especial para Ferrol, etc.., ). Non podemos aturar máis que cando chegan as eleccións haxa carreiras, presas sen escrúpulos, para enganar e confundir a unha cidadanía agredida de xeito reiterado por unha mesma política dende hai máis de vinte anos, a política neoliberal de privatizar o tecido industrial público e reducir e precarizar o emprego baixo, o imperativo de facer cartos en troques de empeorar as condicións de traballo e vida d@s traballador@s.

Para ESQUERDA UNIDA-IU resulta intolerable que este pseudo proxecto non contemple unha programación temporal e un compromiso económico cuantificado anualmente para os proxecto que o integran. Queremos lembrar que hai apenas tres meses aprobáronse os orzamentos estatais e de Galicia onde non se recollou un peso para as propostas que agora, a menos de tres meses das eleccións municipais , nos presenta a prestidixitación de Touriño, co mutismo do BNG.

O crecemento económico do que se gaba a Xunta é un espellismo, que agocha o país de verdade, no cal hai un fortísimo estancamento demográfico, que xera esa converxencia aparente. Para a nosa organización a realidade é que coas políticas neoliberais aplicadas a industria desta bisbarra o resultado inapelable é que temos perdido 2.500 postos de traballo, que a mocedade márchase e que a contratación precarízase, como se desprende dos datos do primeiro trimestre do ano, onde os contratos temporais seguen a representar cáseque o 90% do total ( de 60.407 contratos asinados en febreiro en Galicia, 53.527 foron temporais ) e con cifras de desemprego ( 6.000 traballado@s en Ferrol ) e siniestralidade – 6 mortos no que vai de ano - que veñen xa reducidas por contabilidades enganosas que exclúen ou autoexclúen a colectivos para maior gloria dos nosos gobernantes ; sinal inequívoca de que non se arranxou ren co novo-vello acordo de reforma laboral, consistente en seguir entregándolle cartos ao empresariado ( en forma de subvencións, bonificacións e exencións fiscais e pedirlles por toda contraprestación que sexan bos e xenerosos e contraten aínda que sexa co indefinido de fomento do emprego ). O país de verdade no cal unhas 400.000 mil persoas están en risco de pobreza, e unhas 104.000 en situación extrema, a meirande parte delas mulleres, onde o 20% dos galegos máis ricos cuadriplica o ingreso do 20% máis pobre; ese país verdadeiro acolle esta publicidade electoral con enfado ou indeferenza.

Queremos suliñar que a planta de gas de Reganosa anotada nas vantaxes diferenciais non conta en ningún sector do plan, indicación fiable do seu carácter superfluo ou da vacuidade do plano. Planta de gas e fallas na depuración que fan inviable a acuicultura na ría de Ferrol alomenos até 2009 no máis xeneroso e improbable dos escenarios. A nosa bisbarra pola devastación producida por anos e anos de políticas de abandono e/ou privatización corre o risco se se converter en receptora de empresas altamente contaminantes e perigosas, as cales comprometen ao futuro maís aló dos empregos, poucos, achegados.

Para ESQUERDA UNIDA-IU parece certo que este pseudo-plan esquece sectores cun alto potencial de desenrrolo, caso do sector forestal, nunha comarca que conta con unhas das máis amplias superficies forestadas de Galicia e co porto importador de madeira máis importante de Galicia. Onde resta entón a industria transformadora da madeira, a industria do moble, en suma, a posta en valor do noso potencial silvícola ?

Outro dos campos aos que este pseudo-plan atribúelle un papel menor, e o patrimonial, desaproveitando o inmenso patrimonio construido e o patrimonio natural, pois en toda a área atlántica non hai unha aglomeración de 160.000 habitantes que conte cun entorno de espazos de tamaño inetrese ambiental (na rede Natura, a costa ártabra, Valdoviño, Cedeira, Narón e Nariño ; o río grande de Xubia, Forgoselo, a ría de Ortigueira, o Barquiero, o río Mera, as fragas do Eume, zonas zepa, humedais... ), que cómpre poñer en valor. Supón, de apostar por él, un bo nicho de novo emprego nun sectpor terciario no que adolecemos de empregos cualificados de alto valor engadido, v. gr. consultoras de proxectos industrais...

O desenvolvemento da pesca e a acuicultura de baixa intensidade, e do sector agroalimentario, apoiados no tecido de cooperativas e centrais de distribución existentes serían outros ámbitos relegados á nada por este exercicio escolar que ampulosamente calíficase como plan..

Amosar tamén o noso máis radical rexeitamento a nova tentativa de ataque contra Navantia Fene que supón a proposta acordada de costas a cidade e @s traballador@s de segregar da empresa pública uns 200.000 metros cadrados para outras actividades industriais. O espazo hai que buscalo nos polígonos industriais enon en Navantia. ESQUERDA UNIDA-IU entende que hai que renegociar – con vontade política, e non con voluntarismo ou co desexo inconfeso de non respaldar a unha empresa pública que é patrimonio de tod@s, para así poder desguazala e entregala a algún aventureiro privado que faga negocio contra @s intereses d@s traballador@s e da cidade – o dereito de que un estaleiro público poida adicarse a construcción naval civil.Rematar cos impedimentos que limitan a capacidade de Navantia reparacións para incrementar a actividade do naval nun ámbito onde sabemos temos o coñecemento e a experiencia para ser das mellores empresas europeas e do mundo.