Amosando publicacións coa etiqueta Soberanía Alimentaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Soberanía Alimentaria. Amosar todas as publicacións

domingo, abril 13, 2008

Nasce a Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos

As organizacións Sindicato Labrego Galego -SLG-, Veterinarios Sen Fronteiras -VSF-, Verdegaia e Amarante apresentaron en conferencia de prensa a alianza que veñen de forxar seguindo o mandado do Foro Mundial para a Soberanía Alimentar [Foro de Nyéléni 2007]. A Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos nasce co obxecto de “dar a coñecer, construír e defender a Soberanía Alimentar dos pobos, en e desde Galiza”.

Seguindo o mandado do Foro de Nyéléni, SLG, VSF, Verdegaia e Amarante veñen de forxar unha alianza coa que pretenden contribuír a “dar a coñecer, construír e defender a Soberanía Alimentar dos pobos en e desde Galiza, cos pés na terra e cunha ollada global, colaborando con iniciativas similares existentes noutros países, sen descartar a integración en alianzas ou plataformas supranacionais”, segundo recolle o manifesto, que se pode ler en www.soberaniaalimentar.info.

As organizacións integrantes da Iniciativa denuncian o feito de que centos de millóns de persoas, mulleres na súa maioría, padecen fame e desnutrición no mundo, aínda vivindo na súa maioría en contornos rurais. O industrialismo en xeral, e o sistema industrial de producción/estracción e comercialización de alimentos en particular —insustentábel, oligárquico e enfocado á exportación—, impede a labregos e labregas aceder aos recursos necesarios para producir os alimentos básicos, do mesmo modo que reduce á mínima expresión a nosa capacidade para decidir os alimentos que consumimos.

“Galiza, como parte da minoría global privilexiada que é, non padece problemas de abastecimento de alimentos para a súa poboación, pero non por iso goza de Soberanía Alimentar. A nosa capacidade para decidir os alimentos que producimos e consumimos é cada vez menor, porque o noso rural esmorece; porque estamos a desertizar a nosa terra, ríos e mar; e porque dependemos do sistema industrial. Ao mesmo tempo, somos fonte de erosión da Soberanía Alimentar doutros pobos” di o manifesto da Iniciativa, para continuar afirmando que “Avanzando na nosa Soberanía Alimentar construiremos unha Galiza cun rural vivo, máis ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusta, cunha menor pegada e débeda ecolóxica. A construción e garantía da Soberanía Alimentar do pobo galego, ademais, debe ser compatíbel coa dos demais pobos do mundo”.

A Iniciativa defende o direito a decidirmos qué alimentos producir e consumir, o direito das xentes que traballan a terra e o mar a producir os alimentos básicos, amósase convencida de que podemos vivir sen devorar o planeta e o futuro, e asegura que acabar coa fame e a desnutrición é posíbel, superando o industrialismo. A Soberanía Alimentar prioriza a produción sustentábel de alimentos para consumo familiar, local, rexional ou nacional frente á produción industrial para a exportación.

Galiza, 11 de Abril de 2008

Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Cara a un Foro Galego pola Soberanía Alimentar"
info@soberaniaalimentar.info
Enlaces de Interese:
Organizaçons integrantes da Iniciativa:

martes, outubro 09, 2007

Video: Soberanía Alimentaria

Video: Soberanía Alimentaria.

Este vídeo, recomendado na web da Cooperativa de Consumo Responsable A Xoaniña, explica cun toque de humor, a traxédia que supón a usurpación, por parte do Mercado, do dereito dos pobos á soberania alimentaria. Pensar o que comemos, o que mercamos, como consumimos e como se produce, non é só unha cuestión de saúde, é unha cuestión de construción dunha sociedade máis xusta ou do imperio do Mercado e a destrucción do planeta. Nós eleximos, e coa nosa elección decidimos tamén.

É HORA DA SOBERANÍA ALIMENTARIA !!

___________________

___________________

Coordenadora Labrega Europeia

Sindicato Labrego Galego - CC.LL.

A Vía Labrega - Movimento Agrario Internacional

Foro internacional pola Soberania Alimentaria - Nyeleni 2007
_____________