Venres 14 de Maio de 2010, ás 5 da Tarde no Cemiterio de CataboisActo de lembranza ao noso compañeiro Tino Deibe no 2º aniversario do seu pasamento
Agradarianos que nos acompañases nesta sinxela homenaxe.
Agustín Deibe Río (Ferrol, 1949-2008) ”Tino Deibe”, Socio fundador e directivo da A.C. “Fuco Buxán”.
Traballador da Sala Técnica da antigua BAZAN, representante sindical e activo militante das CCOO. Sempre comprometido coa causa da liberdade e a democracia, militou no Partido Comunista de Galicia e no Partido dos Traballadores, integrándose no ano 1991 no PS de G - PSOE.
O seu compromiso social e solidario desenrolouse tamén no tecido asociativo da nosa cidade: ANPAS, movemento veciñal e cultural.
Axudou a fundar, en representación da nosa Asociación, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Tino foi nomeado Socio de Honra da nosa entidade na Asemblea do ano 2009.
“Tino Deibe deixou obra no persoal, no social, no cultural, no político. O seu gran mérito foi, quizáis, o non querer nunca vestirse nos laureis do recoñecemento diante dos outros. Pero nós, que marchamos xunto a él, sabemos que na Historia da Clase Obreira, homes así, da categoría humana de Tino, son os que cambiaron o mundo a mellor, porque sen eles non se terían quebrado as cadeas, avanzado a Ciencia ou divulgada a Arte ata o seu Pobo”.
--
fuco buxán, a.c.Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492 www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
11 de maio de 2010 19:49
________________