A Plataforma Artabra21 queremos expresar a nosa solidariedade cos cidadáns afectados pola expropiación e desaloxo da Rúa Insua e Pérez Parallé , manifestando en principio cas cantidades ofertadas como indemnizacións son ridículas e unha burla as persoas humildes e pensionistas, dada a idade da maioría que viviron toda súa vida nestas vivendas.
A Plataforma ártabra21 , de recente creación e conformada por 17 entidades e organizacións das comarcas e vilas do entorno, preocupándonos polo medio ambiente, a participación cidadá, a defensa dos patrimonios naturais, culturais, enerxías e economías sustentables e o dereito a unha vivenda digna fronte a especulación como así declaramos en noso documento fundacional.
Acudimos ao local da Asociación Veciñal de Canido para tratar de abrir unha vía de diálogo entre os afectados e seus familiares ca directiva da Asociación ,” mediando” a plataforma e poder facer unha convocatoria pública no que se exprese e coordine as decisións a tomar no futuro.
Esta convocatoria quedou formalizada para o vindeiro, LUNS, 17 de Xullo, ás 10.30 horas da mañá no mesmo local social da A.vv. do Cruceiro de Canido en que haberá asesoramento, propostas para tomar os acordos que se decidan nesta Asemblea de Barrio ou de afectados.
Ferrol a 14 de Xullo de 2006.
Asdo.
A xunta coordinadora
José R. Jove
Inacio Martinez
Xan Ramirez
Carlos Gª Seoane
Manuel Dominguez
Xosé m. Sanxoán
PARA MAIS INFORMACIÓN ENTRA NO SITIO QUE PROPUXO O COLECTIVO FUSQUENLLA [+ info]
Galería fotográfica sobre a espoliación da veciñanza de Canido
[14.07.2006]
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
sábado, xullo 15, 2006
Espoliados de Canido
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan sábado, xullo 15, 2006
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentarios so far
Igual o de Canido non é ningún atropello, e igual a plataforma está poñéndose do lado de catro ou cinco propietarios que só queren máis pasta.
¿alguén verificou que teñan outra vivenda en propiedade?
O sistema de xestión desta actuación non é o axente urbanizador, senon o sistema de compensación.
Neste sistema os propietarios póñense dacordo para urbanizar, aportan terreos e un investimento para urbanizar (vías e zonas verdes)proporcional ás superficies que aportan e despois reciben solares xa urbanizados, onde poden construir ou vender.
En teoría é o sistema máis xusto para desenvolver unha actuación urbanística, xa que en principio se confía todo ao acordo unánime entre particulares e non se expropia a ninguén.
Cando se fixo o acordo os propietarios destas casas de Canido non quixeron entrar, seguramente porque lles parecía que merecían máis solares, ou que tiñan que poñer menos cartos que os demáis.
Cando os promotores dun polígono como é este de Canido necesitan dos predios de propietarios que non queren entrar na promoción, o promotor ten dereito a pedirlle ao Concello ou ben que ocupe os predios e despois compensar aos seus propietarios con terreos ou cartos, descontando claro está o gasto de urbanización que lles corresponde proporcionalmente ás súas propiedades, ou ben a que expropie e indemnice.
Noutra orde de cousas creo que defender, como defenderon os veciños de Nigrán, que o dereito a construir está vencellado ao dereito a propiedade, non é nada progresista nin de esquerdas.
Defender que cada un pode construir unha casa onde lle pete e así facer medrar esa excrecencia de Vigo que é a parroquia de Priegue non é moi medioambientalmente sostible, xa que extende os males que fixeron da periferia de Vigo un espacio ca totalidade das súas augas freáticas contaminadas.
Por desgracia esto é o capitalismo, señores, e aquí os únicos que fan parques e rúas e ceden solo para escolas, piscinas públicas e centros sociais son os grandes promotores inmobiliarios, non os paisanos de Priegue ou Parada ou Canido
Outro problema é que en Nigrá fagan falta tantas vivendas como prevé o plan, pero eso non é o que piden algúns dos seus veciños. O único que piden é que lles toque a eles, non como consecuencia de competir pola propiedade de terreos alí onde son edificables, senon a costa de estragar a totalidade do territorio, "centrifugar o crecemento", como dicía un artigo da Voz de Galicia
O que creo que é máis importante. Non se pode poñer por riba do interese xeral a vontade de catro ou cinco persoas. E cando digo interese xeral refírome a que o Plan Xeral contempla a actuación de Canido como moi importante para o barrio, xa que logo permite dotar de solo dotacional, un par de zonas verdes e un grande parque en contacto co instituto.
Outra cousa é o dereito á vivenda, que se debería garantir co realoxo dos afectados, se é que non teñen outra vivenda.
un saudo
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon