mércores, xullo 12, 2006

Valoracións e Acordos da Reunión Extraordinaria Aberta da Xunta Coordenadora do 10 de Xullo

Tags


Reunión- Xunta Coordenadora

A Plataforma Ártabra 21 reuniuse o luns día 10 no local social da Avv. de Ferrol- Vello para analizar os acontecementos referente ao Edificio da Praza de España.

Para a Plataforma Ártabra 21, é unha nova ou 2ª oportunidade que lle damos a antiga Praza de Porta Nova que debemos aproveitar para que o goberno local do PP-IF recapacite nesta proposta que supón a destrución de espazo público nesta Praza emblemática de toda a cidadanía.

O Alcalde de Ferrol ten que reaccionar para que esta obra non vaia adiante advertindo que sería un mal precedente se a Xunta de Galicia non acepta o modificación puntual sobre esta Praza tería que responder ante a xustiza e o electorado.

O edificio que a Concellería de Urbanismo do concello de Ferrol pretende plantar na Praza é alegal, inmoral, indecente e un atentado urbanístico máis que significa unha burla a cidadanía.

Por todo isto esiximos ao Alcalde e a todo o Goberno Municipal a PARALIZACIÓN DAS OBRAS DO EDIFICIO “HITO" DE FERROL” e a máxima atención para que remate canto antes a Praza en superficie.

Por outra parte, rexeitamos este tipo de expropiacións que pretenden trocar ou mellor dito roubar aos propietari@s, veciñ@s de Canido cunha esmola indigno de quen o consinte nos tempos actuais, por tanto teñen todo noso apoio e solidariedade para que non se vaian sen que súas aspiracións sexan as Xustas.
Desde a Plataforma Ártabra 21 faise unha análise respecto aos terreos de Sánchez Aguilera que no futuro terá unha prioridade urbanística de primeira orde, considerando en primeiro lugar que o convenio subscrito con Defensa é insuficiente e máis ben bastante cativo polo que debe o goberno e oposición reclamar ao Goberno Central un convenio ambicioso para que sexa recuperado a totalidade deste solo que a todas luces pertence por dereito propio a cidadanía de Ferrol sen discusión nin complexos.

Ferrol a 10 de Xullo de 2006.

A Xunta Coordenadora.-
Xan Ramírez
Inácio Martínez
Carlos Gª Seoane
José R. Jove
Manuel Domínguez
Xosé M. Sanxoán


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon