PROPOSTA DE RESOLUCIÓN.-
POLA DEFENSA DA COSTA ÁRTABRA.
A Plataforma Ártabra 21, quere manifestar a súa opinión, contra os ataques desmedidos que está a ter a Costa Ártabra como espacio xeográfico:
- A urbanización desmedida como está a vivir Cabanas ou Ares.
- O lume que arrrasou todo Montefaro.
- A brutal Regasificadora de punta Promontorio en Mugardos.
- Os macropaseos marítimos con grande impacto, de Pontedeume, Narón e Ferrol.
- O polígono industrial de Brión.
- As grandes zanxas de suministro o porto exterior San Felipe- San Cristobal -Cariño,
- O propio porto exterior,
- Os programados campos de golf (San Xurxo- Cabazas),
- A falla de vixiancia ós complexos dunares de Doniños San Xurxo - Esmelle.
- As concentracións parcelarias.
- Os accesos artificiais a praias dos montes da Lagoa.
- A Urbanización a pé de costa de Valdoviño.
- O invasor urbanismo de Cedeira.
Todos este son temas, que están a trocar dun grande xeito a nosa costa, e que paradoxicamente cando se fala de facer unha mínima intervención “COSTAS” se opón, pero cando son as grandes intervencións, das grandes compañías, aí hai carta libre e vemos como as palas reventan as costas por onde sexa.
Por todo isto a Plataforma Ártabra 21, trasmitirá esta preocupación ós Concellos da comarca a Medioambiente da Xunta de Galicia, ó Ministerio de Medioambiente e ó de Fomento.
No Porto de Curuxeiras- Ferrol a 26 de setembro do 2006
1 comentarios so far
Esta proposta foi desestimada, no transcurso da III Asemblea Xeral da plataforma Ártabra 21:
A resolución proposta pola Xunta Coordenadora, sobre a Defensa da COSTA ÁRTABRA quedou desestimada, por considerarse incompleta e por conter algunhas propostas que non comparte algún dos colectivos que conforma a Plataforma. Acordouse apresentar unha nova proposta de resolución para a Asemblea de Outubro, coa consulta e colaboración de todos os colectivos e entidades que conforman a PA21.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon