Estos días a institución municipal e o movimento ciudadán de Ferrol están nun enfrentamento social e político de importáncia, promete um outono quente. Pois quente está o panorama municipal, sobre todo na área de urbanismo que o concelleiro Evia herdou de Pita-Romero.
O novo concelleiro apresenta un novo talante e parece que non está collido por compromisos inconfesabeis, como aparentaba ter o seu predecesor e outros do mesmo grupo político. Mais empeñase o goberno municipal en levar adiante projectos especulativos e nefastos para a cidade, pois non dan soltado lastres, tan importantes, como son os de Leixa e Brión, Praza da Porta Nova [Praza de España], Menáncaro, Recimil, Sartaña, ... todos, conflitos que mobiliza a unha parte do movimento popular que fai elevar a sua conciencia e capacidade de organización e mobilización, é por isto, entre outras cousas, polo que nasce a nosa Plataforma Ártabra 21, como unha confluencia dese descontento popular contra os abusos e a especulación.
A Plataforma Ártabra 21, está preparando unha mobilización popular contra a especulación e na defensa dos espazos públicos. En concreto imos centrar as nosas reivindicacións na inxusta e ilegal usurpación do espazo público que se está cometendo na Praza da Porta Nova [Praza de España], onde se pretende a construcción dun edificio de máis de 20 metros de altura ... e outras lindezas.
O dia 31, deste mes de Outubro, a nossa Plataforma ten convocado unha Asemblea Aberta a toda a Ciudadanía, no Centro Cívico Carvalho Calero no Inferniño, ás 7 da tarde.
Promover a participación cidadán é un dos nosos principios, é por iso polo facemos un chamamento á todas as organizacións e veciñanza que queira participar na citada Asemblea, para contribuir na paralisación do especulador, inxusto e ilegal atropelo urbanístico que se está cometendo na citada praza grande de Ferrol.
CONTRA A ESPECULACIÓN URBANÍSTICA !!
NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, NON A SÚA PRIVATIZACIÓN !!
NON AO EDIFICIO NA PRAZA !!
EN NOVEMBRO, MOBILIZACIÓN POPULAR !!
PARTICIPA !!
Así trataron os medios de comunicación da comarca algunhas noticias de interese:
Diario de Ferrol - 27 de Outubro de 2006
A Fiscalía do TSXG pide ao Concello documentación sobre a praza de España
O fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dirixiu un escrito ao Concello no que solicita que lle sexa remitida a documentación sobre a modificación puntual do Plan Xeralde Ordenación Municipal na praza de España e en especial a aprobación definitiva por parte da Dirección Xeral de Urbanismo. Como consecuencia das dilixencias informativas abertas respecto diso, a Fiscalía solicita tamén que o secretario municipal envíe un informe sobre a legalidad da construción dun edificio de 21 metros nun chan cualificado como sistema xeral viario.
A información completa no propio Diario de Ferrol
La Voz de Galicia - 27 de Outubrode 2006
O fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o órgano xudicial máis importante da comunidade, solicitou ao Concello que lle remita toda a documentación relativa á reforma da praza de España para ver se houbo algunha irregularidade administrativa.
A Información completa na propia Voz de Galicia
La voz de Galicia - 26 de Outubrode 2006
Esquerda Unida presentou unha moción para o seu debate no pleno de hoxe na que solicita ao Concello que recalifique de forma definitiva como zona verde unhas parcelas en Ferrol, coñecida como adro de San Francisco, fronte á igrexa do mesmo nome. Ese lugar é urbanizable, segundo o PXOM, pero actualmente están suspendidas as licenzas ata mediados de novembro. Nese lugar poderíase levantar un edificio de tres plantas.
A noticia na propia Voz de Galicia
Diario de Ferrol - 27 de Outubro de 2006
Respaldo ao cambio do PXOM nos solares de San Francisco
O pleno aprobou por unanimidad dos grupos políticos presentes -é dicir, salvo IF- o inicio do expediente de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal no ámbito das tres parcelas situadas xunto ao atrio de San Francisco, de modo que pasen a ser espazo libre público e non urbanizable -como figura na actual achaiadura urbanístico-.
A noticia completa no propio Diario de Ferrol
La Voz de Galicia - 27 de Outubrode 2006
Os seis edís do grupo municipal de IF decidiron onte abandonar o pleno ordinario de fin de mes despois de que un grupo de veciños de Ultramar, afectados pola construción dunha piscina na praza de Sartaña, exhibise carteis coa imaxe de Juan Fernández e Leopoldo Ibáñez con cualificativos como «piratas». Tamén había afectados e contrarios ao proxecto de urbanización de Menáncara.
A noticia completa na propia Voz de Galicia
Diario de Ferrol - 27 de Outubro de 2006
Os concelleiros de IF abandonan o pleno polas protestas vecinales
As protestas e pancartas contra algúns dos concelleiros de IF por actuacións talles como a construción do centro deportivo e de lecer en Sartaña ou a urbanización de Menáncaro provocaron o abandono da sesión plenaria de onte dos seis concelleiros de IF.
A noticia completa no propio Diario de Ferrol
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
sábado, outubro 28, 2006
Ferrol e a especulación urbanística: un Outono quente
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan sábado, outubro 28, 2006
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon