sábado, outubro 28, 2006

Actos ao redor do Día contra o Cambio Climático

Tags

---------- Forwarded message ----------
From: Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal <ferrol@verdegaia.org>
Date: 27/10/2006 23:16
Subject: Día contra o Cambio Climático
To: artabra21@gmail.com

Ola a todos/as,
Sociedade Galega de Historia Natural (Ferrol) e Verdegaia (NC Ferrol) organizamos unhas xornadas sobre Cambio climático distribuídas en 4 actos. Adxúntovos cartaz informativo das xornadas. Agradecemos difusión. Máis información en:
www.verdegaia.org e
www.sghnferrol.blogspot.com

Atentamente,

Mª Belén Arenas Riveiro
Secretaria comarcal Verdegaia (NC Ferrol, Eume e Ortegal)

Día contra o Cambio Climático

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e a Asociación VERDEGAIA (NC Ferrol) celebran catro actos relacionados directamente co cambio climático: O Sábado, 4 de novembro, ás 19.00h conferencia sobre a "Antártida" a cargo de Javier Cristobo, que viaxou fai uns meses a bordo do Hespérides ás terras frías do sur e que o Luns, 6 de novembro, ás 20.00h nos amosará un vídeo "Antártida, a vida no límite", realizado por José Antonio Moya da Universidade de Alicante, que describe as dificultades da subsistencia nesa terra. O venres, día 10, ás 20.00h se pasará a película "O pesadelo de Darwin" do director Hubert Sauper, todas elas celebraránse no Ateneo Ferrolán. Finalmente o Sábado, día 11,ás 18.30h na Casa do Pazo (As Pontes) Xosé Veiras García de VERDEGAIA dará unha conferencia sobre o "Centrais térmicas: fábricas de cambio climático".

O sábado, 4 de Novembro celébrase en todo o mundo o "Día contra o Cambio Climático". Esta conmemoración tenta chamala atención de toda a sociedade sobre un perigo que se está a materializar con moita rapidez e que investigadores de todo o mundo atribúen de maneira especial, aínda que non única, ás emisións incontroladas de gases á atmosfera e que nun moi curto período de tempo desequilibrou os niveis de radiacións que entran e saen da terra, coas conseguintes variacións na temperatura, movementos de correntes etc. Os desastres naturais que o mundo está a padecer nos derradeiros anos, quizais non sexan máis cos primeiros síntomas dunha desfeita imparable, con prediccións de aumentos nos niveis dos océanos causados polo desxeo dos polos, chuvias incontroladas e pola contra, secas persistentes e descontrol de pragas de enfermidades, entre outras moitas desgracias que se concatenan unas cas outras. Todos temos o deber de coñecer cales poden ser as causas que nos levaron a esta situación e ata que punto periga a estabilidade do mundo coñecido. Esta conciencia nos debería levar a premer sobre os gobernos para que tenten afrontar o problema, xa que as solucións están nas súas mans por ser as causas de índole industrial na súa maior parte. Detrás das emisións está o diñeiro e as grandes empresas que tan so a política pode controlar. De pouco serve co cidadán queira mercar vehículos pouco contaminantes se as empresas non os fabrican, pero si podería instar aos gobernos para que exerceran o seu poder no control destas fabricacións e puxeran maior énfase da investigación doutras posibilidades enerxéticas ou traballasen a política forestal con máis sentido ecolóxico do que están a facer, prestando máis atención a manter e fomentar os bosques autóctonos e menos ás plantacións de diñeiro fácil e pronta queima ou tala. Entender dunha vez por todas que as árbores non se poden cortar arrasando todo o que se atopa, deixando unha terra depredada como si os pes dun xigante pasara por riba dela. O aproveitamento non debera ser lesivo para o bosque, e nestes momentos o é e moito, proporcional á pobreza do país onde se esquilma a madeira.

--
Núcleo Comarcal de Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal

1 comentarios so far

Dende ADEGA-TRASANCOS no Día Mundial Contra o Cambio Climático sumámonos ás iniciativas para disminuir (..e oxalá suprimir..) as emisións de gases con efecto invernadoiro.
Saúdos.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon