Estimad@s veciñas e veciños:
Na pasada Asembleia Xeral do 31 de Outubro, a Plataforma Ártabra 21, decideu preparar unha mobilización popular, para denunciar a actuación municipal no asunto do edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España].
A Plataforma Ártabra 21, non é a única entidade que manifesta a súa oposición á actual actuación municipal sobre a Praza, polo que consideru necesario compartir o seu proposito con outras entidades cidadáns e outro tipo de colectivos, asociacións e organizacións en xeral, para que en pé de igualdade, participaramos nunha convocatoria cidadán para manifestar o rexeitamento ao macro-edificio e en xeral á actuación do goberno municipal neste asunto e demandando a paralización das obras.
Por tal motivo, convócouse unha reunión de todas as entidades veciñais, sociais e políticas, para valorar esta situación e convocar unha mobilización cidadán unitaria. Reunión aberta a todas as entidades veciñais, sociais e políticas que se opoñen ás actuacións municipais no planeamento urbanístico na citada Praza.
O pasado xoves, 16 de novembro, tivo lugar nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga”, a citada reunión aberta a todas as entidades veciñais, sociais e políticas que se opoñen ás actuacións municipais no planeamento urbanístico na Praza de Porta Nova [Praza de España].
Nesta reunión, ademais de representantes da Xunta Coordenadora da PA21, participararon representantes de ADEGA-Trasancos, Asociación Veciñal O Rosario – Inferniño, Colectivo Veciñal de Recimil, Colectivo Veciñal de Sartaña, Comisión Cidadá Pola Recuperación de Ferrol Vello, Comunidade Menáncaro, EU-Esquerda Unida, Lapis Verdes [Asociación Ecoloxista Docente], NOS-UP – Trasancos] que son algunhas das organizacións que están integradas na nosa Plataforma, mais tamén participaron representantes da A.VV. de San Xoan-Berton, A.VV de Esteiro “Fontelonga”, Federación de ANPAS de Ferrol Terra e A.VV. de Santa Mariña e Asociación de Comerciantes Centro-A Madalena.
Á reunión, estaban convocadas todo tipo de asociacións veciñais e organizacións sociais e políticas e en concreto entregouselles persoalmente a convocatoria ao PSOE, BNG, CIG, UGT, CCOO, e A. VV. de Caranza, que non participaron na reunión, das cais só UGT manifestou un apoio expreso á convocatoria.
Con anterioridade a esta convocatoria, a PA21 puseramonos en contacto cos respresentantes da Federación de AA.VV. da Comarca “Roi Xordo”, entidade que amosou desde sempre un rexeitamento ao proxecto municipal e últimamente destacouse pola súa actividade xudicial e administrativa contra a ilegal construcción do edificio da Praza, para convidala a convocar e participar nesta reunión aberta, mais na súa asemblea xeral do pasado 10 de novembro, acordou declinar do convite por 4 votos contra 3.
Polo de agora as organizacións que asistiron á reunión, ainda que os seus representantes amosaron de entrada a conformidade coa convocatoria ciudadán, manifestaron que tiñan que tratar a convocatoria nas súas diferentes xuntas directivas para poder tomar unha decisión, así mesmo agardamos que outras entidades se somen a esta mobilización cidadán.
Para confirmar a participación e últimar a mobilización cidadán, voltouse a facer unha convocatoria aberta para o vindeiro mércores, dia 22 de novembro, ás 19:30hrs, no mesmo local da Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga”. Mais decideuse acordar xa, a data e hora; o percorrido; o obxecto e os lemas da mobilización ciudadán.
Mobilización:
Facer unha manifestación popular o domingo, día 3 de dezembro, ás 12 do medio-dia, con saída da Praza frente ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, pasando pola Rúa Galiano até a Praza do Concello, onde remataría a manifestación coa lectura dun comunicado unitario consensuado por todas as entidades convocantes que contemplaría a demanda de paralización das obras e que posteriormente fariamos chegar ao Alcalde.
Obxecto da mobilización:
O obxecto da mabilización popular, consiste en manifestarnos en defensa dos espazos públicos, do patrimonio urbanístico-cultural e do medio ambiente, contra a especulación urbanística. En concreto a mobilización cidadán centrarase na denuncia da inxusta e ilegal usurpación que se está cometendo na Praza da Porta Nova [Praza de España], onde se está construindo, nunha zona calificada no PXOM como Sistema Xeral Viario, é dicer vias de dominio e uso público, un macro-edificio de cinco plantas, dúas soterradas e tres de superficie, cunha altura de 21 metros e case 7.500 m2 de superficie comercial e de servizos privados, incluindo a concesión do mesmo a umha empresa privada durante 75 anos. E en xeral manifestarnos contra a actuación do goberno municipal neste asunto e demandando a paralización das obras.
Os lemas da mobilización:
NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, NON A SÚA PRIVATIZACIÓN !!
LIBREMOS AO PATRIMONIO PÚBLICO DA ESPECULACÍÓN, FEISMOS E CHAPUZAS !!
CONTRA A ESPECULACIÓN URBANÍSTICA, NON AO MACRO-EDICIFIO COMERCIAL !!
SI AOS ESPAZOS PÚBLICOS ABERTOS PARA USO E DISFRUTE DE TODA A CIDADANÍA !!
PROMOVAMOS A PARTICIPACIÓN E A MOBILIZACIÓN POPULAR !!
DEFENDAMOS OS NOSOS BARRIOS !!
DEFENDAMOS OS NOSSOS DERITOS !!
OUTRA ORDENACIÓN DO TERRITORIO, OUTRO URBANISMO É POSÍBEL !!
PARTICIPA !!
Convocatoria aberta para o vindeiro mércores, dia 22 de novembro, ás 19:30hrs, no mesmo local da Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga”, rúa Fernando VI, bloque 1 baixo s/n [tlf. 981 933 223].
Pola importancia dos asuntos a tratar, pregamos a vosa asistencia e puntualidade.
Ferrol a 19 de Novembro de 2006.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon