domingo, xaneiro 21, 2007

Charla en Pontedeume sobre problemática ambiental e ordenación territorial na costa

Tags

Para ampliar clicar acima da imaxen


De: manuel dominguez
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de xaneiro de 2007 15:23
Asunto: Charla en Pontedeume sobre problemática ambiental e ordenación territorial na costa

O Colectivo FUSQUENLLA xunto con ADEGA e o COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALIZA (COAG) organiza unha charla debate sobre o impacto ambiental do urbanismo e a degradación da costa.

No acto, que se celebrará o venres día 26 deste mes na Casa da Cultura ás 20:00 horas, intervirán Adela Figueroa, presidenta de ADEGA, que exporá a problemática das actuacións urbanísticas no litoral; Xoan Creus Andrade, arquitecto do COAG, que versará sobre a ordenación territorial e a súa influencia na vida e futuro das cidades; Manuel Domínguez, representante de FUSQUENLLA, falará sobre a incidencia das actuacións urbanísticas, tanto presentes como futuras, no concello de Pontedeume; e Fernando V. Martull, xornalista de LA OPINIÓN.

Dende aquí invitamos a todos os cidadáns que vexan e comprendan a importancia que a ordenación urbanística ten sobre a calidade de vida dos habitantes das nosas vilas. Asemade facemos extensiva esta invitación a todos os colectivos sociais e políticos sobre cuias costas descansa a enorme responsabilidade de traballar polo desenvolvemento racional dun urbanismo sostíbel para Pontedeume.

http://www.sospontedeume.com/


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon