domingo, xaneiro 21, 2007

Rede Litoral Vivo: O Colectivo Fusquenlla de Pontedeume suxire organizar unha concentración en Compostela ao fío de toda a desfeita urbanística

Tags

De: Xan Duro
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de xaneiro de 2007 19:27
Asunto: O Colectivo Fusquenlla de Pontedeume suxire organizar unha concentración en Compostela ao fío de toda a desfeita urbanística e territorial


Ola a tod@s,

Como xa sabedes (enviouse a convocatoria a esta lista. Tedes copia ao final do correo) o Colectivo Fusquenlla de Pontedeume suxire organizar unha concentración en Compostela ao fío de toda a desfeita urbanística e territorial. Suxire unha xuntanza en Compostela nas próximas semanas para avaliar esta posibilidade.

Esta xuntanza e mobilización, no caso de facerse, debe contar coa Rede Litoral Vivo xa constituinda polo que, unha vez máis, pídovos que a volta de correo, indiquedes o voso interese na constitución oficial da Rede Litoral Vivo e, se así o considerades, calquera nova suxestión para os documentos que temos en borrador. Non debemos agardar máis.

Envíasevos tamén unha copia deste correo aos vosos enderezos-e para que confirmedes a recepción do mesmo.

Unha aperta
--
Xan Duro
Coordenador Xeral
www.verdegaia.org
www.bicis.info


O colectivo Fusquenlla de Pontedeume quérevos invitar a colaborar na organización dunha concentración en Santiago de Compostela, que pretendemos sexa o máis concurrida posible, para amosar a nosa preocupación pola degradación urbanística que estamos a sufrir en Galicia e cuxos síntomas máis evidentes son as agresións urbanísticas no litoral, a edificación masiva e descontrolada, o deterioro dos núcleos históricos das vilas, a destrucción do patrimonio arquitectónico, a perda dos sinais de identidade territorial, o retroceso dos espazos públicos, a ausencia dunha política social de vivendas e a promoción de proxectos especulativos e lesivos cara o noso entorno.

Cremos que se dan as condicións para poder afrontar esta mobilización dada a sensibilidade social que hoxe en día hai.

Para comezar deberiamos celebrar nas próximas semanas unha reunión previa de tódolos colectivos, asociacións e plataformas interesadas coa finalidade de prepara-la convocatoria, fixa-las datas e atender a tódolos aspectos organizativos. Esta reunión previa poderiase celebrar
en Santiago.

Asemesmo, e dado o elevado número de organizacións involucradas, pedímosvos que trasladedes esta invitación a cantas asociacións vecinais, grupos ecologistas e entidades do voso entorno poidan estar interesadas.

Facédenos chegar a vosa opinión sobre este proxecto ao enderezo:

fusquenlla@sospontedeume.com

Decídenos se o vedes viábel e se estades dispostos a participar, cando menos nesa reunión previa. Tamén sería interesante acadar a colaboración de destacados personaxes, intelectuales, políticos, etc. que se amosan publicamente en contra deste grave problema que afecta ao noso país.

Un saúdo de Fusquenlla <http://www.sospontedeume.com>


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon