mércores, xaneiro 31, 2007

Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe ao Alcalde de Ferrol que resolvamente os recursos de Sartaña

Esquerda Unida-IU de Ferrol: Comunicado de Prensa
De:-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
Para: artabra21@gmail.co
Data: 31 de xaneiro de 2007 13:38
Asunto: Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe ao Alcalde de Ferrol que resolva os recursos de Sartaña


“Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe ao Alcalde de Ferrol que resolva
os recursos de Sartaña”

Esquerda Unida-IU de Ferrol quere manifestar o seguinte:

Que, como se lembrará, o seu Grupo municipal no Concello de Ferrol presentou, o pasado 23 de xuño de 2006, un Recurso de Reposición, contra o acordo número 11 da Orde do Día do Pleno da Corporación Municipal de Ferrol de data 25 de maio de 2006: “Proposta de adxudicación á Empresa Serviocio do contrato de redacción do proxecto de xestión e explotación dun centro deportivo de ocio e saúde no Barrio de Ultramar”.

Pois ben, dende a dita data e a pesar de ser requerido, incluso por escrito, que foxe dictada a correspondente resolución expresa sobre o mesmo o Sr. Alcalde non se dignou todavía a facelo.

Para Esquerda Unida-IU de Ferrol esta actitude amosa, unha vez máis, o carácter intolerante e a doble vara de medir do PP. Pois non ten a dignidade de contestar a un recurso presentado por un Grupo Municipal da Corporación Municipal que el preside e, doutra banda, el que anda a pedir respecto aos procedementos administrativos e co mesmo argumento, esixímoslle o respecto o procedemento administrativo, e tal como lle foi solicitado por escrito, resolva expresamente sobre o recurso de Esquerda Unida tal e como estipula a Lei.

É evidente que, con esta actuación, o Sr. Alcalde está a demostrar que cando as cousas non lle van ben esixe o cumprimento da legalidade ou utiliza esta no seu beneficio, esquecéndose arbitrariamente que a Lei é para todos e todas, nos dereitos e nas obrigas, e polo tanto consonte a Lei de Procedemento Administrativo esixímoslle que resolva, xa non só, o recurso presentado polo noso Grupo Municipal senón tamén o millar de recursos presentados pola veciñanza. Recurso , todo sexa dito, perfectamente argumentado e incluso acompañados de informes técnicos que veñen demostrar que o acordo recorrido vulnera a legalidade urbanística.

Así pois, dende Esquerda Unida-IU de Ferrol seguimos a considerar que a idea de colocar un centro deportivo nunha praza pública para negocio dunha empresa, que conta coa oposición da veciñanza, e que ten alternativas máis viables é, con todas as letras, unha auténtica barbaridade polo que invitamos ao Grupo de Goberno a reconsiderar o seu proxecto e eviten unha nova usurpación dun espazo público da nosa cidade.

Ferrol, 31 de xaneiro de 2007

Esquerda Unida-IU de Ferrol


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon