De: Convocantes en defensa dos espazos públicos
Para: artabra21@gmail.com
Data: 31 de xaneiro de 2007 0:26
Asunto: Reunión das entidades convocantes das mobilización na defensa dos espazos públicos
Quedades convocados a unha Xunta de CONVOCANTES DAS MOBILIZACIÓNS NA DEFENSADOS ESPAZOS PÚBLICOS, CONTRA O MACRO-EDIFICIO NA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA], todas as organizacións e entidades, para analizar, avaliar e debater os últimos acontecementos a respecto do EDIFICIO EMBLEMÁTICO que o GOBERNO LOCAL quere impulsar.
A reunión terá lugar no local social da A. Veciñal de Fontelonga o vindeiro xoves, día 1 de febreiro ás 7 horas da tarde.
Debatiremos as decisións que a pesar de haber uns INFORMES DESFAVORABLES do Sevicio de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña, sospeitamos, a xulgar polas últimas declaracións do Goberno, que continuarán as OBRAS .
Saúdos.
Ferrol a 31 de Xaneiro de 2007.
Os convocantes.
--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.
USTG-Ferrol
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Praza da Porta Nova
Xoves 1 de febreiro: reunión das entidades convocantes das mobilización na defensa dos espazos públicos
mércores, xaneiro 31, 2007
Xoves 1 de febreiro: reunión das entidades convocantes das mobilización na defensa dos espazos públicos
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, xaneiro 31, 2007
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
4 comentarios
¿Por que non aparece na páxina a moción que se presentou no Pleno do Concello de Ferrol do día 25 e que ,diante da negativa de Juncal, foí lida por Esquerda Unida
¿Por que non aparece na páxina a mocion que se presentou no Pleno do Concello de Ferrol do día 25 e que, diante na negativa de Juncal, foi lida por Esquerda Unida
Por que non aparece na páxina a mocion que se presentou no Pleno do Concello de Ferrol do día 25 e que, diante na negativa de Juncal, foi lida por Esquerda Unida
1/2/07 08:39
Estimada companheira e companheiro Anónimo:
Nom temos esse documento, pois nom chegou, nem ao correio-e da PA21
artabra21@gmail.com,
nem ao das entidades convocantes das mobilizaçons ...
defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com
pois redactara-se, em Petit Comitê o mesmo dia do Pleno [25.01.2007], ao que se levou.
No caso em que ti disponhas dumha cópia agradeceria que a remitiras a um dos correios que sinalo mais acima. Pois o motivo de que nom apareza essa moçomno Blog nom é outra que a que che estou explicando. e já vam para quatro veces que preguntas o mesmo. Agradeceria umha resposta.
Saúde !
Inácio
Redactor e desenvolvedor do Blog da PA21
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon